Augusto Pérez Alberti

----

Augusto Pérez Alberti

Biografía de Augusto Pérez Alberti


Catedrático de universidade ad honorem. Departamento de Xeografía, na Facultade de Xeografía e Historia da USC. Grupo de Investigación: Cartografía de solos e paisaxe, físico-química, degradación e recuperación de solos e augas (AMBIOSOL).


Catedrático de Xeografía Física da Universidade de Santiago de Compostela desde 1999. Desenvolveu estadías de investigación en Guelph (Ontario, Canadá), Strasbourg (Francia), Laval (Quebec, Canadá), Montevideo (Uruguai), Mendoza (Arxentina), São Paulo (Brasil), Universidade de Chile (Santiago de Chile) e Universidade ESPE (Quito, Ecuador). Participou en 25 proxectos de investigación, dirixiu máis dunha ducia deles, e numerosas asistencias técnicas para diferentes institucións. Desenvolveu investigacións en España, Portugal, Arxentina, Uruguai, Marrocos e Chile. Foi presidente e vicepresidente da Sociedad Española de Geomorfología (SEG) entre 2004 e 2006 e director do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela entre 1999 e 2003. Participou como organizador das Xornadas de Campo de Xeografía Física da Asociación de Geógrafos Españoles (1992), das II Xornadas sobre Periglaciarismo na Península Ibérica (1994), do I Simposio Internacional Paleoambiente Cuaternario na Península Ibérica (1995), da I Réunion Hispano-Française de Géomorphologie (1998), das II Xornadas sobre Xeomorfoloxía Litoral (2003) e da IX Reunión Nacional de Xeomorfoloxía (2006). Conta, ademais, cunha dilatada experiencia docente en licenciatura, grao, máster e doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi profesor visitante nas universidades de Le Mans e Nantes (Francia), Neuquén (Arxentina) e Quito (Ecuador) e participou como relator en máis de 60 cursos. Dirixiu teses de doutoramento, así como numerosas teses de máster, memorias de licenciatura, proxectos de investigación do doutoramento e traballos fin de grao. Foi Premio Trasalba 2002.


As súas liñas de investigación: xeomorfoloxía glaciar e periglacial, xeomorfoloxía costeira, paisaxe, paleoclima.


Publicacións máis relevantes: González-Guzmán, M. Oliva, V. S. Souza-Júnior, A. Pérez-Alberti, J. Ruiz-Fernández, X. L. Otero: Biota and geomorphic processes as key environmental factors controlling soil formation at Elephant Point, Maritime Antarctica, Geoderma 08/2017, 300:32-43. Augusto Pérez-Alberti, Alan S. Trenhaile: Clast mobility within boulder beaches over two winters in Galicia, northwestern Spain, Geomorphology 08/2015, 248. X. L. Otero, O. Tejada, M. Martín-Pastor, S. de La Peña, T. O. Ferreira, A. Pérez-Alberti: Phosphorus in seagull colonies and the effect on the habitats. The case of yellow-legged gulls (Larus michahellis) in the Atlantic Islands National Park (Galicia-NW Spain), Science of The Total Environment 11/2015, 532. Augusto Pérez-Alberti, Alan S. Trenhaile: An initial evaluation of drone-based monitoring of boulder beaches in Galicia, northwestern Spain, Earth Surface Processes and Landforms 01/2015. X. L. Otero, A. González-Guzmán, V. De Souza, A. Pérez Alberti, F. Macías (2015): “Soil processes and nutrient bioavailability in the rhizosphere of Bolax gummifera in a subantarctic environment (Martial mountains, Ushuaia-Argentina)”, Catena, 133,432-440. Marc Oliva, E. Serrano, A. Gómez Ortiz, M. J. González Amuchastegui, A. Nieuwendam, D. Palacios, R. Pellitero-Ondicol, A. Pérez-Alberti, J. Ruiz-Fernández, M. Valcárcel, G. Vieira, D. Antoniades: The periglaciation of the Iberian Peninsula. Spatial and temporal variability, Quaternary Science Reviews 02/2016, 137:176-199. Ana Pires, Helder I. Chaminé, Francisco Piqueiro, Augusto Pérez-Alberti, Fernando Rocha: Combining coastal geoscience mapping and photogrammetric surveying in maritime environments (Northwestern Iberian Peninsula): focus on methodology, Environmental Earth Sciences 02/2016; 75(3):1-17. Teixeira, H. I. Chaminé, J. Espinha Marques, J. M. Carvalho, A. J. S. C. Pereira, M. R. Carvalho, P. E. Fonseca, A. Pérez-Alberti, F. Rocha: A comprehensive analysis of groundwater resources using GIS and multicriteria tools (Caldas da Cavaca, Central Portugal): environmental issues, Environmental Earth Sciences 08/2014, 73(6). Augusto Pérez-Alberti, Ana Pires, Liliana Freitas, Helder Chaminé: Shoreline change mapping along the coast of Galicia, Spain, Maritime Engineering 09/2013, volume 166(3):125–144. Augusto Perez Alberti, Alberto Gomes, Alan Trenhaile, Maria Oliveira, Jesus Horacio: Correlating river terrace remnants using an Equotip hardness tester: An example from the Miño River, northwestern Iberian Peninsula, Geomorphology 06/2013, 192:59-70. Jose Teixeira, Helder I. Chaminé, Jose Martins Carvalho, Augusto Perez-Alberti, Fernando Rocha: Hydrogeomorphological mapping as a tool in groundwater exploration, Journal of Maps 06/2013, 9(2):263/273. Augusto Pérez Alberti, Ana Pires, Liliana Freitas, Helder I. Chaniné: Shoreline change mapping along the coast of Galicia, Spain, Maritime Engineering 01/2013. Pérez Alberti, Trenhaile, Pires, López Bedoya, Chamine H. I., Gomes: The effect of boulders on shore platform development and morphology in Galicia, north west Spain, Continental Shelf Research 10/2012.


 


Web persoal: https://scholar.google.es/citations?user=rVvK4Q4AAAAJ&hl=es&oi=ao

Publicacións nas que participou Augusto Pérez Alberti

Materiais de Augusto Pérez Alberti

Augusto Pérez Alberti nas actividades do CCG