Francisco Javier Pérez Rodríguez

----

Francisco Javier Pérez Rodríguez

1964 Ourense
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Francisco Javier Pérez Rodríguez

1964- Ourense
Francisco Javier Pérez Rodríguez (Ourense, 1964) é licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Historia Medieval da Universidade de Vigo desde 1995, no ano 2018 integrouse no IEGPS (CSIC-Xunta de Galicia) como investigador científico. A súa investigación céntrase na historia medieval do reino de Galicia entre os séculos xii e xv, en especial nas súas institucións eclesiásticas, dedicándose tamén á edición de fontes. Entre os seus traballos máis recentes pode destacarse a Colección documental de la catedral de Ourense (2010), en colaboración con M. B. Vaquero, La villa de Monterrei y su tierra (siglos x-xix) (2015) e Los monasterios del reino de Galicia entre 1075 y 1540: de la reforma gregoriana a la observante (2019).

Publicacións nas que participou Francisco Javier Pérez Rodríguez

Portada de O tombo de Celanova
LIBRO

O tombo de Celanova

Estudio introductorio, edición e índices (ss. IX-XII)