María Teresa Barral

----

María Teresa Barral


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de María Teresa Barral


Licenciada en Farmacia e doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde leva a cabo o seu labor investigador e docente desde 1982, tras un período como bolseira de formación de persoal investigador. Na actualidade é profesora titular acreditada a cátedra no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola.


Na súa faceta docente é profesora nas facultades de Farmacia e Bioloxía, así como en másteres da USC e interuniversitarios, nas que imparte docencia en materias relacionadas coa ciencia do solo, o medio e a sanidade ambiental. Dirixiu varias teses de doutoramento nestes eidos, unha das cales, relacionada co aproveitamento de residuos industriais, recibiu o premio Juan de Artieda á mellor de tese de doutoramento en medio natural.


Na súa faceta investigadora, centrada na calidade dos solos e sedimentos, a xestión de residuos e a bioxeoquímica ambiental, participou en 42 proxectos competitivos e contratos con empresas ou administracións, foi coautora de 40 libros ou capítulos de libros e de 130 artigos en revistas, a maioría con elevado índice de impacto, ademais de participar en numerosos congresos nacionais e internacionais, responsabilizándose da organización de tres eventos científicos no eido da xestión de residuos e da ciencia do solo.


Recibiu o Premio de licenciatura de Bioloxía e o Premio Nacional de Terminación de Estudos, foi bolseira da Fundación Caja Madrid para Estudos Ambientais e compartiu o Premio Galicia de Investigación Científica para traballo en equipo. 


No eido das actividades de representación e xestión, destaca a dirección do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola (2017-), do que foi secretaria con anterioridade; a coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC (2010-2014) e a presidencia da Delegación en Galicia da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo (2010-2013). Recentemente foi nomeada académica correspondente da Academia de Farmacia de Galicia e forma parte da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega.

Publicacións nas que participou María Teresa Barral

Portada de  Chronmy Glevy
BANDA DESEñADA

Chronmy Glevy

Portada de O Antropoceno e a «Grande Aceleración»
LIBRO. ACTAS

O Antropoceno e a «Grande Aceleración»

Unha ollada desde Galicia
Portada de  Viure al sòl
BANDA DESEñADA

Viure al sòl

Portada de  Vivir no solo
BANDA DESEñADA

Vivir no solo

Portada de  Vivir no solo
BANDA DESEñADA

Vivir no solo