César Portela

----

César Portela

1937 Pontevedra
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de César Portela

1937- Pontevedra
Cursou estudos de Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona.

Despois da súa graduación en 1966 trasladouse a Madrid, onde obtivo, no ano 1968, o grao de doutor na Escola de Arquitectura da dita cidade. Foi profesor convidado en numerosas universidades e institucións de todo o mundo, entre as que destacan as escolas superiores de arquitectura de Pamplona, Nancy, Caracas, Lisboa e Weimar. Colaborou igualmente na organización e deseño de diversos seminarios e obradoiros de arquitectura.

Foi galardoado co Premio Nacional de Arquitectura Española no ano 1999 polo Edificio da Estación de.Autobuses de Córdoba. Recibiu distincións e honras de diversas institucións nacionais e intemacionais. Tamén desenvolveu un extenso labor docente e ocupou a Cátedra de Proxectos Arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Publicacións nas que participou César Portela

Artigos

CONDE MURUAIS, P. VENCE LOIS, Á. (4/1977) A autopista traga a Galicia. Teima. (17), 10-11.
Ver artigo
Mencións: César Portela ; Xosé Luis Alvariña ;
PORTELA, C. (1998) Arquitectura e vangarda. Festa da palabra silenciada. (14), 36-39.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: