Histórico: Participación de Josep Ramoneda nas actividades do CCG

----

Josep Ramoneda

Biografía de Josep Ramoneda


Josep Ramoneda (Cervera, 1949). Periodista e filósofo. Director da revista La Maleta de Portbou e da Escola Europea de Humanidades de Barcelona. É colaborador habitual do diario El País, da Cadena Ser e do diario catalán Ara. Dirixe unha colección de ensaio en Galaxia Gutenberg e é presidente de Edicions 62. Foi director do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (1989-2011) e presidente do Institut de Recherche et d'Innovation (IRI) de París (2009-2014). Director do Instituto de Humanidades de Barcelona (1986-1989) e profesor de Filosofía Contemporánea na Universitat Autònoma de Barcelona (1975-1990). Publicou numerosos libros, entre os que destacan Apologia del present. Assaigs de fi de segle (Edicions 62, 1989), Después de la pasión política (Taurus, 1999), Del tiempo condensado. Globalización, inmigración, terrorismo, cultura (Debolsillo, 2003), Contra la indiferencia. Apología de la Ilustración (Galaxia Gutenberg, 2010), La izquierda necesaria (RBA Libros, 2012) e os libros colectivos Existential Utopia (Nova York, 2012) e Dónde vas Europa (Barcelona, 2017). Recibiu o Premio Ciutat de Barcelona de Projecció Internacional (2012) e o Premio Nacional de Cultura da Generalitat de Catalunya (2013). .

Publicacións nas que participou Josep Ramoneda

Materiais de Josep Ramoneda

Josep Ramoneda relator/a...

Josep Ramoneda:

AS REVOLUCIÓNS DO 68
O(S) SENTIDO(S) DA(S) CULTURA(S)

Josep Ramoneda

Que é a Ilustración?