Histórico: Participación de Jorge Riechmann nas actividades do CCG

----

Jorge Riechmann

1962 Madrid

Biografía de Jorge Riechmann

1962- Madrid
Jorge Riechmann (Madrid, 1962) é poeta, tradutor literario, ensaísta e profesor titular de filosofía moral na UAM (Universidad Autónoma de Madrid). A súa actividade académica especializada versa sobre ética e ecoloxía; agroética; ética aplicada ás novas tecnoloxías (biotecnoloxías, nanotecnoloxías…); filosofía política “verde”; condicións sociais para a sustentabilidade ecolóxica; impactos sociais da tecnociencia; socioloxía dos movementos sociais (especialmente o movimento ecoloxista). Nesta liña, é autor de máis de trinta ensaios (en solitario ou en colaboración) sobre cuestión de ética medioambiental, ecoloxía política e pensamento ecolóxico. Así, nos últimos anos, formulou a vertente ética da súa filosofía ecosocialista nunha “pentaloxía da autocontención” que compoñen os volumes Un mundo vulnerable, Biomímesis, Gente que no quiere viajar a Marte, La habitación de Pascal e Todos los animales somos hermanos (todos eles publicados en Libros de la Catarata). Nesa mesma editorial vén de publicar El socialismo puede llegar sólo en bicicleta (2012); y en Proteus, no mesmo ano, Interdependientes y ecodependientes.

Como creador poético salientan os volumes Desandar lo andado (Hiperión, Madrid 2001), Poema de uno que pasa (Fundación Jorge Guillén, Valladolid 2003), Un zumbido cercano (Calambur, Madrid 2003), Ahí te quiero ver (Icaria, Barcelona 2005), Poesía desabrigada (Idea, Tenerife 2006), Conversaciones entre alquimistas (Tusquets, Barcelona 2007), Rengo Wrongo (DVD, Barcelona 2008), Pablo Neruda y una familia de lobos (Creática, Santander 2010), Las artes de lo imposible (Azotes Caligráficos, Valencia 2010), El común de los mortales (Tusquets, Barcelona 2011) e Poemas lisiados (La Oveja Roja, Madrid 2011). Reuníu en Futuralgia (Calambur, Madrid 2011) boa parte da súa poesía escrita entre 1979 e 2000. Gañador de diversos premios literarios, entre eles o Hiperión de 1987, a súa obra poética foi traducida ao francés, inglés, italiano, alemán e outras linguas, e incluída en numerosas antoloxías publicadas tanto en España como no estranxeiro.

Máis información sobre o autor en www.tratarde.org

Publicacións nas que participou Jorge Riechmann

Portada de O Antropoceno e a «Grande Aceleración»
LIBRO. ACTAS

O Antropoceno e a «Grande Aceleración»

Unha ollada desde Galicia
Portada de  Cultura, sentido e política
LIBRO

Cultura, sentido e política

: O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) II

Jorge Riechmann participou...

O Antropoceno e a "Grande Aceleración"

Unha ollada desde Galicia

Jorge Riechmann relator/a...

OS XOVES (RE)PENSAMOS

1. Jorge Riechmann e a sustentatibilidade

Os xoves (RE)PENSAMOS