Paulo Porta Martínez

----

Paulo Porta Martínez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Paulo Porta Martínez


Nado en Marín (Pontevedra) en 1961. Profesor de Debuxo, catedrático no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago ata 2021, ano en que se prexubilou.
Artista plástico e investigador. Entre os temas que estudou destaca a obra gráfica de guerra de dous artistas galegos: Castelao e Souto. É autor das seguintes publicacións:
1937, Castelao e Souto en Valencia. Ediciós do Castro, 1985.
“Dúas teses para a valoración da evolución estética de Castelao”, comunicación presentada no Congreso Castelao, 1986.
“A guerra civil”, capítulo do catálogo da mostra antolóxica Arturo Souto. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1997.
“Arte en loita”, comunicación no congreso Castelao. Co pensamento en Galiza. AS-PG, 2001.
Arturo Souto (Biografía). Edicións A Nosa Terra, 2002.
A guerra de Arturo Souto. Edicións A Nosa Terra, 2002.

Paulo Porta Martínez nas actividades do CCG