María Laura Rosa

----

María Laura Rosa


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de María Laura Rosa


Doutora en Arte Contemporánea pola UNED de Madrid, Máster en Arte Contemporánea (UNED, Madrid) e licenciada en Historia da Arte pola Universidad Complutense de Madrid. Investigadora independente do CONICET polo HEGE, Facultade de Filosofía e Letras, UBA, especializada en arte feminista contemporánea arxentina e mexicana.
Profesora titular de Arte Latinoamericana na USMA e no Instituto Universitario ESEADE; integrante do Instituto Interdisciplinario de Estudos de Xénero (UBA); investigadora e comisaria independente. Comisariou, entre outras: Biotrama II, instalación de Silvia Gai en Bos Aires, 2012; Remover cielo y tierra, obras de Claudia Contreras: 1990-2012, Casa por la Memoria, Resistencia, Chaco, 2012; Cuentas pendientes. Arte Contemporáneo y cuestiones de género, Bos Aires, 2011.
Autora de La libertad de pasear sola, Ilse Fusková, 2019, Legados de libertad. El arte feminista en la efervescencia democrática, 2014, ou La experiencia de las mujeres y el arte, 2017. Escribe sobre arte e feminismo en numerosos catálogos e revistas especializadas.

María Laura Rosa nas actividades do CCG