Biografía de Castelao
1886- Rianxo, A Coruña | 1950 Bos Aires, ArxentinaMédico de formación, destacou como escritor, político e debuxante. Foi un dos ideólogos da revista Nós
Naceu en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886, fillo do mariñeiro Mariano Rodríguez Dios, que posteriormente sería alcalde do municipio do Barbanza, e mais de Joaquina Castelao Gemme. Aos nove anos foi vivir coa familia á Pampa, e regresou en 1900. Estudou o bacharelato de Artes e despois a carreira de medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Por entón desenvolve a súa afección ao debuxo e á caricatura, e forma parte da tuna universitaria. Logo dunha estancia en Madrid, en 1910 regresa a Rianxo sen rematar o doutoramento. Comeza a traballar como médico rural e prepara a especialización en obstetricia, pero deixou o curso por unha tuberculose.
En 1912 casou con Virxinia Pereira, e en 1914 naceu o seu único fillo. Nese mesmo ano tivo un desprendemento de retina que fixo que deixase a profesión de médico, se ben volveu exercer por mor da pandemia de gripe de 1918. Tras opositar, en 1916 comezou a traballar como funcionario, e en 1918 pasou a ser profesor de debuxo no Instituto de Pontevedra.
En 1921 levou a cabo unha viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña cunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. En 1929, logo da morte do seu fillo, fixo outra viaxe a Bretaña tamén financiada pola JAE, co fin de estudar os cruceiros dese país.
En 1908 expuxo os seus debuxos en Madrid, e en 1909 gañou unha medalla de ouro na Exposición Rexional Galega cun tríptico titulado Unha festa na aldea.
En 1910 participou na fundación do semanario El Barbero Municipal, de carácter anticaciquil, xunto con Xosé Arcos e mais Eduardo Dieste. Colaborou tamén en publicacións galegas como Mi Tierra, españolas como El Liberal, El Parlamentario e El Gran Bufón, e coas arxentinas Suevia e La Voz de Galicia. En 1912 únese á Liga Agraria de Acción Gallega, liderada por Basilio Álvarez.
Na súa etapa pontevedresa participou de forma activa na vida cultural local, desde a rodaxe do filme Miss Ledya (a primeira peza audiovisual galega de ficción) á participación na Coral Polifónica. Tras a fundación na Coruña das Irmandades da Fala promoveu a creación dunha delegación na cidade do Lérez. En 1919 publicou os seus primeiros relatos en A Nosa Terra, que ilustraría posteriormente co título de Cousas. Despois pasou a publicar as súas viñetas nos xornais Galicia, o Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Amais dos seus relatos ilustrados, como escritor cultivou a narrativa (Un ollo de vidro, 1922; Os dous de sempre, 1934; Retrincos, 1934) e o teatro (Os vellos non deben de namorarse, 1941). En xullo de 1933 ingresou como membro da Real Academia Galega, co discurso As cruces de pedra na Galiza, contestado por Antón Villar Ponte.
En marzo de 1920 iniciou na Coruña unha mostra itinerante dos seus debuxos, baixo o título de Álbum Nós, que despois se expuxo en Madrid, Barcelona e varias cidades galegas. En 1924, coincidindo coa inauguración da exposición Nós en Santiago de Compostela, ingresou no Seminario de Estudos Galegos, que en 1930 publicou o seu estudo sobre As cruces de pedra de Bretaña.
Tamén en 1920 foi un dos promotores da revista Nós que, ata o número 9, levou na portada un deseño seu, e a partir do número 10 unha capa con diversas imaxes da iconografía galega. Ademais, publicou varios artigos e debuxos, como «A roda de San Xoán» no nº 1. No nº 2 da revista aparece a estampa número 35 do álbum Nós, «A tola do monte», imaxe que en 1926 se convertería nun dos textos de Cousas. No nº 3 aparece «Poemiña», sobre a aldea de Abuín, que despois se convertería en «Camiño esquecido» de Cousas. O «Dibuxo» do número 6 (agosto de 1921) recóllese de novo en Alma Gallega nº 35 (1922) como «O cruceiro». No número 9 aparece «Novela», que ten orixe na visita en París á casa dun “osteologist”, un home que vendía ósos humanos e peles tatuadas, e que aparece tamén en Cousas, así como «A vella Fanchuca» (nº 31), que figura en Cousas como «Esta morea de pedras e tellas». No nº 43 (xullo 1927) publica «O retrato», «Peito de lobo» e «O segredo», tres dos relatos que en 1934 foron incluídos no libro Retrincos. No número 17 sae un gravado sobre catro cruceiros galegos, reconvertido despois en «Onde hai un cruceiro» de Cousas. No nº 31 publícase un debuxo dun home sen un brazo montado nun burro.
No número 10, de abril de 1922, comeza o seu diario da viaxe europea de 1921, que se estenderá ao longo de sete crónicas. No nº 38 hai unha serie de cantigas que Castelao recolleu de man dun cego de Carballedo (Cotobade), e no nº 40 un conxuro recollido en Lalín dun cesteiro. No nº 67 (xullo de 1929) aparece «Sant’Yago na Bretaña», un artigo sobre a relevancia de Santiago o Maior naquela terra, xunto cunha cantiga en bretón e traducida ao galego sobre Iann Derrien, recollida en 1868 por François-Marie Luzel no seu libro Gwerziou Breiz-Izel.
No nº 80 (agosto de 1930) publicouse o discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo dese ano no Teatro García Barbón de Vigo, encol do «Galeguismo na arte». Para rematar, no nº 113 (maio de 1933) aparece o estudo «Escudos de Rianxo», 33 debuxos presentados ao Seminario de Estudos Galegos e analizados por Fermín Bouza-Brey. Deste estudo sairá o modelo do escudo de Galicia cunha serea, a bandeira e mais a lenda
Denantes mortos que escravos.
En 1930, tras a caída do goberno de Primo de Rivera, o galeguismo comeza a súa organización política. En setembro dese ano asiste á sinatura do Pacto de Barrantes, acordo entre republicanos e galeguistas, e en 1931 saíu elixido deputado ás Cortes Constituíntes, integrándose no grupo parlamentario coa FRG-ORGA. En xuño de 1931 convértese no primeiro presidente do Grupo Nacionalista Galego de Pontevedra, que en decembro dese ano deu pé ao Partido Galeguista. Porén, nas eleccións xerais de novembro de 1933 o galeguismo non conseguiu representación. En abril dese ano participara en Gernika nun mitin do Partido Nacionalista Vasco.
En outubro de 1934 é desterrado a Badaxoz, e regresa en setembro de 1935. En febreiro de 1936 volve saír elixido deputado polo Partido Galeguista, integrado na Fronte Popular, sendo o candidato máis votado da provincia de Pontevedra. Os seus esforzos centráronse na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia. O alzamento nacional colleuno en Madrid, o que posiblemente lle salvou a vida, e xa non regresaría a Galicia. Mantense leal ao goberno e marcha a Barcelona e Valencia, e en 1938 desprázase á Unión Soviética no marco dunha comisión cultural republicana, e aos Estados Unidos e Cuba á procura de axuda para o goberno. Neste tempo publica os álbums da guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938), unha manifestación da súa carraxe contra o fascismo e en defensa da liberdade despois dos primeiros anos de represión, que acabaron con amigos seus, coma Alexandre Bóveda, e familiares como José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao.
En 1940 marcha a Bos Aires, onde ao ano seguinte estrearía a obra de teatro Os vellos non deben de namorarse e publicaría, en 1944, o ensaio Sempre en Galiza.
En marzo de 1946 incorporouse como ministro sen carteira ao Goberno da República no exilio, presidido por José Giral, e estivo en París até xaneiro de 1947. Regresou a Bos Aires, onde seguiu participando en actos culturais e políticos, se ben por entón xa estaba doente de cancro. En xullo dese ano estivo con Otero Pedrayo, quen falaba de Castelao coma “o irmao Daniel”. Ao ano seguinte, no Día da Patria, pronuncia o discurso Alba de groria.
Finou o 7 de xaneiro de 1950. Foi embalsamado e soterrado en Bos Aires, e o seu corpo foi traído -no medio de certa polémica- ao Panteón de Galegos Ilustres en 1984. En 1964 dedicóuselle o Día das Letras Galegas, e en 2011 a súa obra foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. En 2016 a Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Días das Artes Galegas. O seu legado consérvase en boa medida no Museo de Pontevedra.
OBRA
Narrativa
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)
Cousas (1926, 1929)
Os dous de sempre (1934)
Retrincos (1934)
Teatro
Os vellos non deben de namorarse (1941)
Ensaio
Diario 1921 (1977)
As cruces de pedra na Bretaña (1930)
Sempre en Galiza (1944)
As cruces de pedra na Galiza (1950)
Debuxo
Álbum Nós (1931)
Cincoenta homes por dez reás (1925)
Cousas da vida (1925)
Galicia mártir (1937)
Atila en Galicia (1937)
Milicianos (1938)
Debuxos de negros (1939)
Cegos: os meus compañeiros (1941)
Publicacións nas que participou Castelao
LIBRO-AUDIO
Contos de Castelao
Nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido PazóPublicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Estudios Gallegos (1915-1916) .
Revista Quincenal de Lenguaje, Fianza y Turismo
Suevia [1916] (1916-1916) .
Revista Gallega
Centro Gallego (1917-1925) .
Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay
A partir do n.º 144: Publicación mensual ilustrada
Alma Gallega (1919-1927) .
Revista Mensual: Órgano Oficial de la Sociedad Casa de Galicia
Posteriormente varía a denominación aparecendo como Órgano Oficial de Casa de Galicia, Boletín de Casa de Galicia, Boletín Oficial de Casa de Galicia, Revista de Casa de Galicia etc.
América Galicia (1921-) .
N.º 21-22: Revista Mensual Hispano Americana
N.º 27: Revista Comercial Ilustrada Ibero-americana
Terra Galega (1921-) .
Boletín mensual: Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e paladín do honor da Raza Céltiga
Roladas, As (1922-) .
Folla dos rapaciños galegos
Hogar Gallego (1922-) .
Publicación Oficial
Terra (1923-1923) .
Boletín de Cultura Galega: Idearium da I.N.G. n'América do Sul
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Galicia [Bs As 1926] (1926-) .
Revista del Centro Gallego de Buenos Aires
Lar Galicián (1926-) .
Folla Galeguista
Unión Estradense (1928-) .
Instrucción-Fomento-Cooperación: Fundada el 8 de mayo de 1916: Adherida a la Federación de Sociedades Gallegas
Galicia [Montevideo 1929-30] (1929-1930) .
Cultura Gallega - Información - Noticias
Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda (1931-) .
Arenteiro, O (1931-) .
Publicación Oficial de la Sociedad Hijos del Partido de Carballino: Revista Oficial
Irmandino, O (1934-1936) .
Periódico galego: Órgano da Irmandade Galeguista do Uruguai
Alma Gallega (1934-1967) .
1936-1940, e a partir de 1944: Órgano Oficial de Casa de Galicia de Montevideo
Xullo 1941: Revista de Casa de Galicia
Alalá (1935-1935) .
Revista de Arte e Letras editada pol-a Coral Os Rumorosos
Galicia Libre (1937-) .
Semanario popular informativo
Nova Galiza (1937-1938) .
Boletín quincenal dos escritores antifeixistas
Nueva Galicia (1937-1938) .
Portavoz de los Antifascistas Gallegos
Galicia libre (1937-) .
Órgano de la agrupación de gallegos libertarios
Alma Gallega (1939-) .
Defensora del prestigio y de los derechos de los gallegos residentes en Cuba
Loita (1939-) .
Órgano de "Hermandad Gallega"
Abrente (1941-1941) .
Revista Galega
Fouce, A (1941-1944) .
Periódico galego
Ronsel (1941-) .
Revista editada por el Centro Orensano de Buenos Aires
Nosa Terra, A (1942-1972) .
Periódico galego
Saudade (1942-) .
Verba Galega nas Américas
Lugo (1943-) .
Órgano oficial del Centro Lucense de Buenos Aires
Publicación del Centro Lucense de Buenos Aires
Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires
Órgano del Centro Lucense
Loita (1943-) .
Periódico mensual de información
Segunda Época do Boletín Galego de Información: Editado pola Comisión Galega do P.C. de Hespaña
Orensano, El (1944-1945) .
Periódico galego
Orzán (1945-) .
Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires
Galeuzca (1945-1946) .
Galiza - Euzkadi - Catalunya
Opinión Gallega (1945-) .
Galiza (1947-) .
Órgano do Bloque Repubricán Nazonal Galego
Vida Gallega en Cuba, La (1949-1960) .
Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia
Irmandino, O (1958-1961) .
Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai
Ecuador 0º, 0', 0 (1965-1965) .
Revista de poesía universal
Irmandade (1965-) .
N.º 1-2: Boletín mensual de la Hermandad Gallega de Venezuela
N.º 24-26: Periódico de la Hermandad y para la Hermandad: Apolítico, Cultural, Social, Deportivo y Benéfico
N.º 28-36: Hermandad Gallega de Venezuela
Nova Galicia (1966-) .
Revista de Cultura y Política
Triviana (1971-) .
Órgano oficial informativo del Centro Viana-Trives y Partidos Valdeorras-Verín
Aturuxo (1974-) .
Celta Social (1977-) .
Órgano del Centro Gallego de Toronto
Boletín Casa de Galicia (1977-) .
Centro Galego de Barcelona (1978-) .
Boletín interno da sociedade
Cultura (1981-) .
1981: Boletín dos Grupos Terra Nai e Pascual Veiga ó coidado do Departamento de Cultura
1982: Voceiro do Departamento de Cultura Casa de Galicia en Bilbao
Semente (1982-) .
Boletín da Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra
Semente (1982-) .
Voceiro
Centro Galego de Lucerna (1984-) .
Maio-Xuño 1984: Galicia na Suíza
Nadal 1984: Voceiro do Nadal
Maio 1986: Arte e Cultura de Galiza na Suíza
Maio 1990: Arte e Cultura de Galiza na Suíza: Voceiro Cultural Galego
Galicia [Caracas 1984] (1984-) .
Voz da Lareira, A (1984-) .
Voceiro da Casa de Galicia
Guieiro [1984] (1984-) .
Órgano Oficial de Prensa do Patronato da Cultura Galega: Publicación trimestral interna
Esmorga (1985-) .
Galego, O (1988-) .
Voceiro da Xuventude de Galiza-Centro Galego de Lisboa
Anduriña (1991-) .
Portavoz de la Peña de Galicia del CEOC-California
Arxela (1994-) .
Voceiro da Asociación Cultural "Cova da Serpe"
Artigos
CASTELAO. (12/1930) Habla Castelao. Galicia [Bs As 1930]. (185), 1.
Ver relatorio Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(12/1930) Las conferencias del grupo Autonomista. Charla y lectura de Alfonso R. Castelao. Galicia [Bs As 1930]. (186), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1934) Antoloxía nacional. Os inteleituas finiseculares. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 3.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (7/1949) Ars, Longa, Vila Brevis. Galicia [Bs As 1930]. (1083), 1.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1950) Galicia, ante la figura símbolo de Castelao. Galicia [Bs As 1926]. (444), 19 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (7/1951) Castelao sempre. Nosa Terra, A. (474), 21.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1951) Galicia cada treinta días (julio). República Argentina. Galicia [Bs As 1926]. (460), 13 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (11/1952) Aniversario de Castelao. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (3), 19 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1952) Evocación de Castelao. Opinión Gallega. (137), 7.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1953) Carta no aniversario de Castelao. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (5), 21.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (10/1953) 30 días de vida gallega: Glosa: El galleguismo del P. Sarmiento El mundo de los libros Miscelánea cultural Fiestas y romerías Información económica. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (8), 16 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (1/1954) A lección de Castelao. Opinión Gallega. 1ª (147), 6.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CASTELAO. (1/1954) O problema da lingoa. Opinión Gallega. 1ª (147), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
OTERO PEDRAYO, R. (1/1954) Castelao no seu espello e amor. Opinión Gallega. 1ª (147), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(1/1954) Fue conmemorado con diversos actos el 4º Aniversario del fallecimiento de Castelao. Opinión Gallega. 1ª (147), 3.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(1/1954) Acadou gran éisito o homenaxe da Intersocietaria a CASTELAO. Opinión Gallega. 1ª (147), 3, 4.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
ÁLVAREZ BLáZQUEZ, D. (1/1954) Canción de exilio. Opinión Gallega. 1ª (147), 4.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALVARELLOS, L. (1/1954) En lembranza de Castelao. Caricatura galega. Opinión Gallega. 1ª (147), 5.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(1/1954) Castelao en una revista de Bretaña. Opinión Gallega. 1ª (147), 5.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALDAO, U. (1/1954) Unha ves máis .... Opinión Gallega. 1ª (147), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
GARCíA-SABELL, D. (1/1954) O sono de Castelao. Opinión Gallega. 1ª (147), 6.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
PIñEIRO, R. (1/1954) O primeiro crásico galego. Opinión Gallega. 1ª (147), 6.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
LEDO, X. (1/1954) Meu homenaxe a Castelao. Opinión Gallega. 1ª (147), 6.
Ver gráfico Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
SOTO FERNáNDEZ, L. (1/1954) A universalidade de Castelao. Opinión Gallega. 1ª (147), 7.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
BAGARíA, L. (1/1954) Castelao. Opinión Gallega. 1ª (147), 7.
Ver gráfico Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
LUGRíS, R. (1/1954) A Unión Ibérica no Pensamento Político de Castelao. Opinión Gallega. 1ª (147), 7.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(1/1954) Mensaxe a Castelao. Opinión Gallega. 1ª (147), 9.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
HIDALGO, E. (1/1954) Lembranza inmorrente. Opinión Gallega. 1ª (147), 9.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALVARELLOS, L. (1/1954) Castelao na literatura galega. Opinión Gallega. 1ª (147), 9.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1954) A lección de Castelao. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (9), 4.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1954) Cruces de Pedra. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (9), 8.
CASTELAO. (4/1954) Pensamiento vivo de Castelao. Opinión Gallega. 1ª (148), 6-7.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ VáZQUEZ, M. (4/1954) Castelao: símbolo político. Opinión Gallega. 1ª (148), 9.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (10/1954) Unha carta da terra. Adiante. (2), 4.
CASTELAO. (11/1958) Unha páxina de CASTELAO: ¿Ten Galiza un idioma propio?. Finisterre. 1ª (9), 4.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1961) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (520), 22 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (10/1961) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (521), 10 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1962) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (525), 6 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (10/1962) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (527), 6 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (7/1964) Castelao Sempre. Airiños. (17), 33.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1964) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (540), 10 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1968) Castelao y su obra. Irmandade. (29), 25.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1970) O sentimento da terra. Galicia [Bs As 1926]. (573), 23 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (1/1971) Galicia no espello. Lume Novo. (21), 4.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (1975) Castelao e a súa obra. Galicia [Bs As 1926]. (604), 52.
CASTELAO. (11/1976) Para que a nosa terra sexa nosa vota o Estatuto castelao. Teima. , 9.
Ver ilustración
(12/1976) TEIMA : Primeiros pasos en sociedade. Teima. (3), 4-5.
Ver artigo
CASTELAO. (12/1976) [Ilustración de Cabanillas por Castelao]. Teima. (3), 4.
Ver ilustración
CASTELAO. (12/1976) [Ilustración pertencente a "Galicia mártir", de Castelao]. Teima. (3), 5.
Ver ilustración
(1/1977) Un capitalismo provincián. Teima. (4), 3.
Ver nota breve
(1/1977) Castelao, 27 anos despóis. Teima. (4), 4.
Ver nota breve
(1/1977) Un ano pra Villar Ponte. Teima. (5), 4.
Ver nota breve
CASTELAO. (1/1977) Un pequeno exemplo. Teima. (5), 11.
Ver artigo
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
(1/1977) [Imaxe da revista Resol]. Teima. (6), 30.
Ver gráfico
CARREIRA, X. (1/1977) Escolma Teima. Teima. (6), 33.
Ver bibliografía
(1/1977) Escolma Teima. Teima. (7), 32.
Ver bibliografía
(2/1977) Basilio Álvarez, cura : Palabras quentes e redención. Teima. (8), 24.
Ver artigo
L.O.. (2/1977) Escolma Teima. Teima. (9), 33.
Ver recensión
VILAS NOGUEIRA, J. (2/1977) Alexandre Bóveda. Teima. (10), 22.
Ver opinión
CAMESELLE MéNDEZ, B. (2/1977) Hai corenta e un anos : As eleccións do Frente Popular. Teima. (11), 24-25.
Ver artigo
(2/1977) [Fotografía de Castelao e outros membros do Partido Galeguista]. Teima. (11), 24.
Ver gráfico
(3/1977) Galicia negociada. Teima. (12), 3.
Ver nota breve
RIVAS, M. (3/1977) O agro en pé. Teima. (14), 10-11.
Ver reportaxe
(3/1977) Os secuestros. Teima. (15), 32.
Ver noticia
CASTELAO. (3/1977) [Debuxo de Castelao: Eu non quería morrer alá, ¿sabe miña nai?]. Teima. (16), 13.
Ver ilustración
LEMA, X. (3/1977) Viaxe polas aldeas perdidas : A terra de Soneira. Teima. (16), 25.
Ver opinión
(3/1977) Xeroglífico. Teima. (16), 28.
Ver pasatempo
(4/1977) In memoriam : O Leuter, un vello galeguista. Teima. (17), 4.
Ver nota breve
(4/1977) Dúas novas importantes. Teima. (17), 32.
Ver axenda
(4/1977) Por elección e suscripción popular : Unha homenaxe a Castelao. Teima. (19), 26.
Ver artigo
(4/1977) [Fotografía de Castelao]. Teima. (19), 26.
Ver gráfico
(4/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (20), 7.
Ver enquisa
(4/1977) Humanismo comunitario : Carlos Baliñas (PPG). Teima. (20), 24.
Ver nota breve
(5/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (21), 7.
Ver enquisa
(5/1977) [Fotografía de Antón Villar Ponte, Castelao, Portela Valladares e Leandro Pita, no bar das Cortes. Foto cedida por Teresa Villar Chao, sobriña de Antón Villar Ponte]. Teima. (22), 39.
Ver gráfico
(5/1977) Luis Soto, secretario de Castelao : a UPG, o PC.... Teima. (22), 23.
Ver nota breve
(5/1977) Unha homenaxe a Castelao : ¿Repatria-las cinzas dende Buenos Aires?. Teima. (22), 27.
Ver nota breve
(5/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (22), 27.
Ver enquisa
FREIXANES, V. PIñEIRO, R. VILLARES, R. (5/1977) 17 de maio : Día das Letras Galegas : Antón Villar Ponte. Teima. (22), 37-39.
Ver reportaxe
(5/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (23), 4.
Ver enquisa
MAGARIñOS, A. (5/1977) 1931-1936 : A prensa nas vilas. Teima. (23), 30-31.
Ver artigo
(5/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (24), 15.
Ver enquisa
ÁLVAREZ POUSA, L. (5/1977) Carlos Velo, nacionalista galego : Por Galicia nun venres santo. Teima. (24), 18-21.
Ver artigo
MARIñO, X. (5/1977) O remuíño. Teima. (24), 31.
Ver recensión
(6/1977) A diáspora de Soto. Teima. (25), 19.
Ver artigo
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Repatriación das cinzas, a suxerencia máis repetida. Teima. (25), 27.
Ver nota breve
(6/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (25), 27.
Ver enquisa
(6/1977) "O día" nas emisoras. Teima. (25), 31.
Ver nota breve
NAVAZA, X. (6/1977) Luis Soto : UPG na encrucillada. Teima. (26), 24-26.
Ver entrevista
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes destacados prá comisión organizadora. Teima. (26), 39.
Ver nota breve
(6/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (26), 39.
Ver enquisa
MARIñO, X. (6/1977) O remuíño. Teima. (26), 49.
Ver recensión
(6/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (27), 25.
Ver enquisa
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (27), 25.
Ver nota breve
(6/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (28), 27.
Ver enquisa
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (28), 27.
Ver nota breve
(6/1977) O parto das urnas : Este é o seu diputado (I). Teima. (29), 4-9.
Ver reportaxe
(6/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (29), 25.
Ver enquisa
CASTELAO. (6/1977) [Ilustración de Castelao relativa á cachela de San Xoán]. Teima. (29), 26.
Ver ilustración
SáNCHEZ PEREIRO, X. (6/1977) Reimundo Patiño : Cara a unha arte popular galega. Teima. (29), 30-31.
Ver entrevista
MAGARIñOS, A. (6/1977) Comunicación : "Heraldo de Galicia" e as eleccións republicanas. Teima. (29), 32.
Ver artigo
MANTEIGA PEDRARES, X. (6/1977) Escolma Teima : Libros [1]. Teima. (29), 33.
Ver recensión
FREIXANES, V. (6/1977) Escolma Teima : Libros [2]. Teima. (29), 33.
Ver recensión
(6/1977) Homenaxe a Castelao : A derradeira semana. Teima. (29), 25.
Ver nota breve
(7/1977) Unha homenaxe a Castelao. Teima. (30), 12.
Ver enquisa
(7/1977) Homenaxe a Castelao : Celso Emilio, Beiras, Piñeiro, Ferrín e Alonso na Comisión Organizadora. Teima. (30), 12.
Ver nota breve
(7/1977) Non chegou o sonido das sirenas. Teima. (31), 10.
Ver artigo
VENCE LOIS, Á. SOTO, L. (7/1977) Carta da dirección : Memoria da historia. Teima. (31), 11.
Ver carta
CASTELAO. (7/1977) [Imaxe de O paraíso feixista, obra de Castelao]. Teima. (31), 11.
Ver ilustración
CARREIRA, X. (7/1977) Ben-Cho-Shey : Galicia no corazón. Teima. (31), 30.
Ver artigo
MARIñO, X. (7/1977) O remuíño. Teima. (31), 32.
Ver recensión
MARTíNEZ, R. (7/1977) Ramón Akal, editor do PCG : Un background pros lectores. Teima. (32), 32.
Ver entrevista
CASTELAO. (7/1977) [Ilustración de Castelao relativa á Patria Galega, do ano 1958]. Teima. (32), 36.
Ver ilustración
BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
Ver reportaxe
MéNDEZ FERRíN, X. (7/1977) O nacionalismo cara ó futuro. Teima. (32), 43-45.
Ver reportaxe
BLANCO FUENTES, M. (7/1977) Encol da volta definitiva de Castelao. Teima. (33), 34.
Ver carta
MAGARIñOS, A. (8/1977) Adeus, PCG, adeus : Alonso Montero, esquerdista independente. Teima. (35), 21.
Ver entrevista
CASTELAO. (3/1978) Castelao hoxe: «Estamos fartos de ser unha colonia». Nosa Terra, A. (8), 7.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CASTELAO. (7/1978) “Sen Título”. Nosa Terra, A. (26), 7.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CASTELAO. (7/1978) Alba de groria. Nosa Terra, A. (26), 9.
Ver relatorio Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
GARCíA NEGRO, M. (7/1978) O idioma: Castelao e o idioma. Nosa Terra, A. (26), 21.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
LEDO ANDIóN, M. (2/1979) Antón da Ponte: galeguismo sí, pero anti-imperialista. Nosa Terra, A. (48), 7.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
PEREIRA CAAMAñO, F. (2/1979) Un patriota galego na arxentina: Coa volta de Castelao traicionaríase o seu ideario. Nosa Terra, A. (48), 8.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
GARCíA, X. (2/1979) O caro portugués: Resposta á Tribuna nº 41, «Galego e/ou portugués». Nosa Terra, A. (48), 12.
Ver carta Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
(2/1979) Mitin de «unidade galega». Nosa Terra, A. (50), 4.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
MONTERROSO DEVESA, J. (2/1979) Banco de Bilbao: De como se destúe a cultura galega. Nosa Terra, A. (51), 16.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
(3/1979) Castelao prouibido. Nosa Terra, A. (55), 4.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CASTRO, X. (5/1979) Achegamento ó vello partido galeguista. Nosa Terra, A. (60), 12.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
SENéN, F. (5/1979) Inédito de Castelao: «Exemplos mudos», a parábola do arboliño e as estacas. Nosa Terra, A. (61), 9.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
(6/1979) Castelao nunha rúa...da emigración. Nosa Terra, A. (64), 6.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
(6/1979) Manuel Antonio: Máis alá!. Nosa Terra, A. (64), 12.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CASTELAO. (6/1987) [Nenos]. Andaina. 1ª época (12), 9.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
CASTELAO. (6/1987) [Muller]. Andaina. 1ª época (12), 10.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
CASTELAO. (6/1987) [Muller e home na mesa con champán]. Andaina. 1ª época (12), 11.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
CASTELAO. (3/1989) Do Álbum Galiza mártir, de Castelao. Area. (05), 15.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Mulheres Nacionalistas Galegas;
CASTELAO. (10/1998) Denantes morta que aldraxada . Andaina. 2ª época 1ª xeira (22), 24.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
CASTELAO. (3/2007) [Caciques, dúas imaxes]. Andaina. 2ª época 2ª xeira (46), 43-44.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
CASTELAO. AGUIRRE, M. (2010) ["Duelo". Poema autógrafo de Mirta Aguirre no seu exemplar de Galicia mártir de Castelao]. Festa da palabra silenciada. (26), 72.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;