Cristina Monge

----

Cristina Monge


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Cristina Monge


É politóloga e doutora pola Universidad de Zaragoza, onde imparte clases de Socioloxía. As súas áreas de interese son a sustentabilidade e a calidade democrática, en especial a gobernanza para a transición ecolóxica, asunto que traballa en centros de investigación como Globernance, BC3 e itdUPM ou no padroado de ECODES.

Forma parte do consello asesor da consultora Llorente y Cuenca e da revista Ethic. Dende 2018 participa no Foro de Gobierno Abierto; dende 2019, no Consejo Asesor de Cooperación al Desarrollo, e dende a súa creación, no grupo asesor metodolóxico do proxecto de rendición de contas da Presidencia do Goberno de España «Cumpliendo».

É autora de 15M: Un movimiento político para democratizar la sociedad (2017) e coordinou a obra colectiva Tras la indignación. El 15M: Miradas desde el presente (2021). É coautora, xunto con Raúl Oliván, de Hackear la política (2018) e, con José Juan Verón, de La iniciativa social de mediación de los conflictos del agua en Aragón (2019). É tamén coeditora da colección #Más Cultura Política #Más Democracia, da editorial Gedisa, e preside a asociación Más Democracia.

Cristina Monge nas actividades do CCG