Laura Muñoz-Encinar

----

Laura Muñoz-Encinar


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Laura Muñoz-Encinar


lnvestigadora posdoutoral Juan de la Cierva-Incorporación no Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consello Superior de Investigacións Clentíficas (CSIC).

Especialista en arqueoloxía do conflito contemporáneo e antropoloxia forense,.o seu ámbito de invesügación céntrase nos procesos represivos das guerras do século XX en España e Europa. Dentro desta liña de investigación ten especial interese en analizar a violencia sexuada con especificade de xénero en escenarios de guerra posconflito. Ademais, examinou a importancia da evidencia científica pará a interpretación de feitos do pasado e na produción de coñecemento histórico sobre a violencia política contemporánea.

Doutora en Historia pola Universidad de Extremadura, foi Premio Extraordinario de Doutoramento en 2016 e cursou o Máster Erasmus Mundus en Arqueoloxía do Cuaternario e Evolución Humana (especialidade de Antropoloxía Física - e Paleopatoloxía) na Universidad Rovira i Virgili. Foi investigadora posdoutoral da Universidade de Amsterdam (UvA-AHM) e membro do proxecto IC-ACCESS: Accessing Campscapes: Inclusive Strategies for Using European Conflicted Heritage (HERA-H2020). É coinvestigadora principal do proxecto do Plan Nacional DES-ALAMBRAR «Mas allá de las alambradas: Una arqueología comparada de los campos de concentración franquistas» [PID2021-129102NB-I00], financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, a Agencia Estatal de Investigación e o FEDER. Tamén é investigadora principal do proxecto competitivo «Estudio arqueológico del complejo de campos de concentración franquistas del Canal del Bajo Guadalquivir (Sevilla)» [158-MD-2022].

Laura Muñoz-Encinar nas actividades do CCG