Histórico: Participación de Cira Romero nas actividades do CCG

----

Cira Romero

Biografía de Cira Romero

Graduada de Letras pola Universidad Central de Las Villas en 1967. Traballou como investigadora do Instituto de Literatura y Lingüística entre 1970 e 2018. É asesora da Vicepresidencia Editorial do Instituto Cubano del Libro.


Membro da Asociación de Escritores e da directiva da Sección de Ensayo, Crítica e Investigación Literarias e da Academia Cubana de la Lengua. Posúe a Distinción por la Cultura Nacional e a Orden Carlos J. Finlay outorgada polo Consejo de Estado.


Publicou, entre outros títulos: Cecilia Valdés o la loma del ángel (edición anotada por Reynaldo González y Cira Romero) (2018); Con la letra de la pluma. Epistolario de José Jacinto Milanés (2018); Cuentos de La Habana Elegante (2014). Coordinadora xeral da Historia de la Literatura Cubana (2002-2008) e do Diccionario de obras cubanas de ensayo y crítica (2011 e 2018); Fragmentos de interior. Lino Novás Calvo: su voz entre otras voces (2010) e Laberinto de fuego. Epistolario de Lino Novás Calvo (2008).

Cira Romero [Relator/a] en

A presenza galega na Habana

Lino Novás Calvo: