PERSOAS

----

Henrique Sanfiz

1962 A Coruña
Dirixe Radio Fene, a emisora municipal do Concello de Fene. Tamén coordina Radiofusión, a programación conxunta que se realiza dende Fene para as Emisoras Municipais Galegas. Licenciado en Xeografia e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985). Sanfiz é dende 1985 director de Radio Fene, a emisora municipal decana de Galicia. Participou na fundación da asociación Emisoras Municipais Galegas e ocupa dende 1989 a secretaría desta entidade. Presentou ponencias en numerosos encontros e xornadas sobre a comunicación local.
É autor de libros e comunicacións como Pública e local. Radio municipal en Galicia (Edicións Lea, 1993) e La asociación de emisoras municipales gallegas en Radiotelevisión pública local y alternativa. Perspectiva (Sevilla, 1998).