Biografía de William Shea
"Catedratico de Historia da Ciencia (programa Galileo) na Universidade de Padua.
Graduado pola Universidade de Cambridge e antigo membro da Universidade de Harvard, o profesor Shea ensinou nas universidades de Ottawa, McGill (Montreal) e Estrasburgo antes de tomar posesion do seu cargo en Italia en 2003. Foi presidente do Standing Committee for the Humanities da European Science Foundation, e pertence a varias academias, como a Academia Europaea, a Royal Society of Canada e a Royal Swedish Academy of Sciences. Foi presidente da International Union of the History and Philosophy of Science e da International Academy of the History of Science.
E autor, coautor ou editor de 30 libros, entre os que se contan Galileo's Intellectual Revolution e The Magic of Numbers and Motion: The Scientific Career of René Descartes, e mais de 145 artigos academicos publicados en dez linguas; a sua obra sobre Blaise Pascal, Designing Experiments & Games of Chance. The Unconventional Science of Blaise Pascal, ganou o premio da Library Association a un dos libros academicos mais destacados de 2003; Galileo in Rome: The Rise and Fall of a Troublesome Genius, escrito con Mariano Artigas (Oxford University Press, 2003), foi traducido ao aleman, o espanol, o coreano e o xapones. A sua ultima obra, Galileo Observed: Science and the Politics of Belief, escrito tamen con Mariano Artigas, foi publicado por Science History Publications en outubro de 2006."
Publicacións nas que participou William Shea
LIBRO