Esteve Valls

----

Esteve Valls


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Esteve Valls


Licenciado en Filoloxía Catalá e investigador da sección de variacionismo da Xarxa CRUSCAT do Institut d’Estudis Catalans. A súa produción científica ata o de agora centrouse nos procesos de desdialectalización que operan nas variedades dialectais da lingua catalá e nos efectos de converxencia e diverxencia entre variedades que provoca a fragmentación do ámbito lingüístico catalán en catro estados e, dentro do Estado español, en cinco comunidades autónomas con políticas lingüísticas distintas ou mesmo diverxentes. Establecido na Galiza dende hai tres anos, actualmente traballa no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e colabora co Center for Language and Cognition da Universidade de Groningen (Holanda) para incorporar técnicas de base dialectométrica á análise da direccionalidade, o ritmo e a natureza do cambio lingüístico nas variedades dialectais do catalán. Algúns dos seus traballos deron lugar a capítulos de libro (Mixed Effects Regression Models in Linguistics) ou téñense publicado en revistas como Literary and Linguistics Computing, Verba ou Treballs de Sociolingüística Catalana, entre outras. A maioría destes artigos pódense consultar neste enderezo.