Biografía de Dolores Vilavedra
1963- VigoProfesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela; Especialista en narrativa galega contemporánea, exerce habitualmente a crítica literaria en medios especializados e divulgativos.
Membro do consello de redacción da revista Grial e directora do Anuario de Estudos Literarios Galegos entre 2002 e 2007. Coordinou a elaboración do Diccionario da literatura galega, en 4 tomos, e entre as súas publicacións salientan Historia da literatura galega (1999), Sobre narrativa galega contemporánea (2000), A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica (2010) así como a edición de varios epistolarios de escritores e intelectuais galegos, como Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero.
Tradutora ocasional, versionou ao castelán obras de Manuel Rivas e António Lobo Antunes, e ao galego Luigi Pirandello, Amélie Nothomb ou Roberto Cossa.
Publicacións nas que participou Dolores Vilavedra
LIBRO. ACTAS
Deseñando horizontes.
Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego
LIBRO. ACTAS
Entre o Terceiro Reich e os aliados.
Galicia e a Segunda Guerra Mundial
LIBRO. ACTAS
Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario
Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011
LIBRO. ACTAS
Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Febreiro - Xuño 2013
LIBRO-AUDIO
Cantares para Rosalía
Nove poetas galegas dialogan cos seus versos
LIBRO. CATáLOGO
Galicia 25: unha cultura para un novo século
Consello da Cultura Galega 1983-2008
LIBRO. CATáLOGO
Galicia 25: Unha cultura para un novo século
Consello da Cultura Galega 1983-2008
LIBRO-AUDIO
Carlos Casares
A semente aquecida da palabraDolores Vilavedra nas actividades do CCG
Artigos
VILAVEDRA, D. (12/1992) O enterro dunha galiña e outros relatos de Helena Vilar Janeiro. Festa da palabra silenciada. (09), 137-138.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
VILAVEDRA, D. (1994) En salvaxe compaña, de Manuel Rivas. Festa da palabra silenciada. (10), 107-108.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
VILAVEDRA, D. (2001) Non volvas, de Suso de Toro. Festa da palabra silenciada. (16), 110-111.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
VILAVEDRA, D. (2002) Teoría do caos, de Marilar Aleixandre. Festa da palabra silenciada. (17), 77-78.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;