Biografía de José Luís Villacañas
1955- ÚbedaNado en Úbeda en 1955, é catedrático de Filosofía da Universidad Complutense de Madrid, onde foi director do Departamento de Filosofía e Sociedade dende 2009 ata 2022. Antes foi catedrático de Filosofía Moral e Política da Universidad de Murcia. Doutor en Filosofía pola Universitat de València coa tese «Realismo empírico e idealismo trascendental en Kant: los niveles de su uso y justificación», foi profesor axudante e adxunto nesta mesma universidade entre 1977 e 1986.
Especializouse na filosofía alemá dende a Ilustración ata a actualidade, no pensamento de Blumenberg e na obra de Weber e Schmitt. Ao mesmo tempo, estudou as relacións entre o pensamento español e o europeo e analizou a influencia de Kant, Weber ou Schmitt en España. Dirixe o proxecto de investigación Biblioteca Digital de Pensamiento Político Hispano Saavedra Fajardo e as revistas Res Publica, Revista de Historia de las Ideas Políticas e Anales del Seminario de Historia de la Filosofía.
Os seus últimos libros son Imperiofilia y el populismo nacional-católico (Lengua de Trapo, 2019), Luis Vives (Taurus, 2021), La revolución pasiva de Franco (Harper & Collins, 2022), Érase una vez España (Underwood, 2023), Ortega y Gasset. Una experiencia filosófica española (Escolar, 2023) e Sublime psíquico y educación estética (Pontificia Universidad Católica de Chile, 2023).
Publicacións nas que participou José Luís Villacañas
Materiais de José Luís Villacañas
DOCUMENTO