Histórico: Participación de Eduardo Blanco Amor nas actividades do CCG

----

Eduardo Blanco Amor

1897 Ourense | 1979 Vigo, Pontevedra

Biografía de Eduardo Blanco Amor

1897- Ourense | 1979 Vigo, Pontevedra
Escritor. En 1919 emigrou a Arxentina onde entrou en contacto coa vida cultural da emigración e con intelectuais e artistas do continente. En 1923 fundou con Isla Couto a revista galega Terra e, tres anos máis tarde, ingresou na redacción do diario La Nación. A súa carreira literaria comezou en 1928 coa publicación de Romances Galegos. Neses anos realizou dúas viaxes á Península como correspondente de La Nación. Na primeira (1929-31) trabou contacto con Castelao, así como con varios intelectuais do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Xa en Bos Aires, Otero pediulle que colaborase na revista Nós, onde Blanco Amor publicou, ademais de poemas, tres capítulos de A escadeira de Jacob, novela inconclusa. Na segunda estadía (1933-35), coñecería algúns dos membros da Xeración do 27 española.
Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga (1959), libro que se constituiría nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega.
Xa de volta en Galiza, regresa tamén á cultura e a lingua galegas, dando ao prelo outra obra de enorme éxito: Os biosbardos (1962). Tras publicar unha nova edición de A Esmorga (1970) e a longa novela Xente ao lonxe (1972), centrou a súa produción no teatro (Farsas para Títeres, 1973; Teatro pra a xente, 1975) e interviu no intenso debate teatral do momento.
Morreu en Vigo en 1979.

Publicacións nas que participou Eduardo Blanco Amor

Portada de O pórtico poético dos «Seis poemas galegos» de García Lorca
LIBRO-AUDIO

O pórtico poético dos «Seis poemas galegos» de García Lorca

Con música de I.B. Maiztegui : García Lorca e Blanco-Amor
Portada de  Recital antolóxico da poesía galega dos séculos XII ao XX
LIBRO-AUDIO

Recital antolóxico da poesía galega dos séculos XII ao XX

Centro Galego de Bos Aires, 24 de xullo de 1959
Portada de O pórtico poético dos «Seis poemas galegos» de García Lorca
LIBRO-AUDIO

O pórtico poético dos «Seis poemas galegos» de García Lorca

Con música de I.B. Maiztegui : García Lorca e Blanco-Amor

Materiais de Eduardo Blanco Amor

PUBLICACIóN

Recital antolóxico da poesía galega dos séculos XII ao XX

Eduardo Blanco Amor coordinou o "Recital Antolóxico da Poesía Galega dos séculos XII ao XX", que se celebrou en Bos Aires o 24 de xullo de 1956, nos locais do Centro Galego. Contou coa colaboración da Asociación Galega de Universitarios, Estudantes e Artistas. Este documento sonoro excepcional foi o primeiro recital antolóxico da poesía galega. Contou coas voces de Fernando Iglesias "Tacholas", Pilar Lebrón, Lita Soriano, Anita Fontao e Lito López. Agora podes escoitar este volume 15 da colección As Nosas Voces que o Arquivo Sonoro de Galicia editou en 1998.

Eduardo Blanco Amor ...