Holga Méndez

----

Holga Méndez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Holga Méndez


É profesora na titulación de Belas Artes da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidad de Zaragoza desde o ano 2008, onde coordina a especialidade de Debuxo e Artes Plásticas do Máster en Profesorado desde 2010. É doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciouse tamén en Belas Artes, na especialidade de Escultura, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, hai dezanove anos. Colaboradora esporádica do grupo de investigación DX7 Tracker Laboratorio Visual ou do Grupo Modo, ambos da Universidade de Vigo, e membro efectivo do grupo de investigación H70 (los) Usos del Arte da Universidad de Zaragoza.
Entre os seus últimos traballos encóntranse: a xestión do programa de innovación Conversas y Tránsitos, con dúas edicións 2013 e 2014; a organización das 2ª Jornadas de (los) Usos del arte na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas de Teruel, en outubro de 2014; forma parte do comité organizador e científico do XIV SIEMAI (Simposio Internacional de Educación, Música y Artes Interculturales) e do IX Encontro de Primavera, que terán lugar en Teruel en abril de 2016. Coordina a publicación Sintopía, pronta a saír; colabora nos cadernos das Jornadas de (los) Usos del Arte.
Os ámbitos tanxentes á vida –a docencia, a investigación, o artístico– mestúranse e axítanse como nun campo de probas para transformarse en cousas que, o dito, ás veces son textos que van a congresos, a xornadas, a publicacións, outras son obxectos e espazos que van a exposicións, todas viaxan/viaxamos dentro e fóra da península.

Holga Méndez nas actividades do CCG