Histórico: Participación de Rosa Cobo nas actividades do CCG

----

Rosa Cobo

Biografía de Rosa Cobo


Profesora titular de Socioloxía do Xénero da Universidade da Coruña.


Na actualidade dirixe a VII Edición do Máster en liña sobre Igualdade e Equidade no Desenvolvemento, organizado por Cooperacció e a Universitat de Vic.


Dirixe a VI edición do curso de Historia da Teoría Feminista na Universidade da Coruña e é directora de Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas, da mesma universidade.


Dirixiu un proxecto nacional sobre prostitución e políticas públicas financiado polo Instituto da Muller e impartiu cursos e conferencias sobre teoría feminista en España e en case toda América Latina. 


O seu último libro publicado é La prostitución en el corazón del capitalismo, Libros de la Catarata, 2017. Entre os libros anteriores, cabe destacar: Hacia una nueva política sexual, Libros de la Catarata, 2011; Fundamentos del patriarcado moderno. Jean Jacques Rousseau, Cátedra, 1996; Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas (ed.), Libros de la Catarata, 2008; Interculturalidad, feminismo y educación (ed.), Libros de la Catarata, 2006; Las mujeres españolas: lo privado y lo público, CIS, 1992.


Recibiu o Premio Carmen de Burgos, outorgado pola Universidad de Málaga, por un artigo publicado en 1997; en 2017, na súa V Edición, o Premio á Igualdade ‘Ernestina Otero’, concedido polo Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo, e no mesmo ano, o premio do Club de las 25 pola súa defensa da perspectiva feminista na vida académica e pública. No ano 2018 foille outorgado o premio Comadre de Ouro pola Tertulia Feminista Les Comadres, de Asturias.

Rosa Cobo [Relator/a] en

A violencia sexual

III Xornada formas de violencia de xénero