María Pereira

----

María Pereira


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de María Pereira


É directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia desde o 2012. Toda a súa traxectoria profesional de máis de 25 anos está vencellada á xestión cultural. A organización de ciclos e tempadas de artes escénicas e musicais (tradicional, músicas do mundo, clásica, danza etc.), exposicións, ciclos de cine, conferencias e doutro tipo de eventos como concursos, premios literarios ou actividades culturais dirixidas a públicos específicos forman parte desta experiencia.
Participou activamente na programación cultural da Obra Social da Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Caixanova, como directora de actividades culturais ou directora de Acción Cultural, xestionando o programa do Teatro García Barbón de Vigo desde o 1991 até o 2011 e as xiras de artes escénicas e musicais e mostras artísticas que tiñan lugar por toda Galicia e norte de Portugal, cunha intensa presenza en espazos culturais e programacións en colaboración con distintas entidades da Administración local (Teatro Rosalía Castro da Coruña, Teatro Principal de Ourense, Pazo da Cultura de Pontevedra, Auditorio Gustavo Freire de Lugo, entre outros). Durante esta etapa profesional e vencellada á danza e ao ballet organizou as actuacións e xiras en Galicia do Ballet Nacional de Cuba, Momix, Pilobolus, Compañía de Trisha Brown, Compañía de Maurice Bejart Laussane, Les Ballets de Montecarlo, Boris Eifamn, Compañía Nacional de Danza, Compañía de Víctor Ullate, Centro Coreográfico Galego, entre outras.
Entre as tarefas principais que desenvolve no Gaiás atópanse: o deseño e posta en marcha do programa cultural, a coordinación de equipos multidisciplinares que interveñen nos proxectos, o deseño e control orzamentario, ou a xestión dos departamentos de exposicións, actividades, produción e o servizo de educación, mediación e atención ao visitante. Vencellado á danza na Cidade da Cultura e desde o ano 2015, preséntase o festival “Escenas do Cambio: festival de inverno de teatro, danza e arte en acción”, entre outras iniciativas.
É licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Dirección e Administración de Empresas pola IESIDE e Magister en Xestión Cultural: Música, Teatro e Danza pola Universidad Complutense de Madrid.

María Pereira nas actividades do CCG

Artigos

GARCíA, A. PEREIRA, M. (9/1990) Radio pública e radio privada: diferencias e similitudes. Festa da palabra silenciada. (07), 63.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: