Fermín Bouza Brey

----

Fermín Bouza Brey

1901 Ponteareas | 1973 Santiago de Compostela
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Fermín Bouza Brey

1901- Ponteareas | 1973 Santiago de Compostela
Membro destacado do Seminario de Estudos Galegos, foi un dos máis fecundos colaboradores da revista NósNaceu en Ponteareas o 31 de marzo de 1901, fillo do xornalista de Vilagarcía de Arousa Luís Bouza Trillo e mais de Orencia Brey Lores, que rexentaba a droguería familiar. Asistiu á escola en Vilagarcía, onde residían, e en 1911 matriculouse no Instituto de Pontevedra para facer o Bacharelato, se ben o último curso rematouno en Ourense, onde estableceu contacto con Losada Diéguez. En 1918 comeza os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que estaba máis atraído por Filosofía e Letras.

Publica o seu primeiro artigo, «El teatro de antaño en Santiago», en 1919 na revista Ultreya, dirixida por Armando Cotarelo Valledor, de quen foi alumno e discípulo. Formou parte da tuna e fundou a Asociación Oficial de Estudiantes. Tamén da man de Cotarelo Valledor participou como actor -facendo de crego- na estrea das obras Trebón, con decorados de Camilo Díaz Baliño, e mais Lubicán.

En outubro de 1923 foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. A partir de 1926 o Seminario iniciou as súas Misións, e Bouza Brey, pese a estar en Madrid, colaborou coas seccións de Prehistoria e Arqueoloxía. Realizou numerosas investigacións xunto a López Cuevillas, con quen foi en 1928 ao Porto onda Pedro Vitorino. A relación cos etnógrafos de Portugal foi ben fecunda. En 1931 realizou unha viaxe ao país veciño cunha bolsa do Centro de Estudios Históricos, e en 1935 asistiu no Porto á Semana Cultural Galega.

Como se sinalou, en 1925 marchou a Madrid para preparar a carreira xudicial. Alí consulta decote o arquivo da Real Academia Española, e frecuenta a casa de Valle-Inclán. En 1929 foi destinado a Viella, e durante a súa estancia realizou investigacións etnográficas sobre o Val de Arán. Con todo, en 1930 pediu o traslado ao xulgado da Estrada.

En 1933 casou con Emilia Álvarez, logo de ela rematar a carreira de Farmacia. Foron de lúa de mel a Bretaña, aproveitando outra bolsa de estudos del, para analizar a etnografía daquel país. Desde que coñeceu a Emilia frecuentou a vila de Cortegada, onde o seu sogro rexentaba o balneario. Tamén en 1933 ve a luz o seu libro Nao senlleira, enmarcada no xénero que se deu en chamar neotrobadorismo, do que Bouza Brey foi xunto con Álvaro Cunqueiro o autor máis senlleiro. En 1945 recibiu o primeiro premio nos Xogos Florais de Santiago, co poema «Louvores ó señor Sant-Yago», e en 1955 publicou Seitura, editado en Braga pola Livraria Cruz.

En 1937 foi suspendido do seu posto tras ser denunciado. Antes, na Estrada, salvara diversas persoas de seren paseadas, ao mandar encarceralas cando sabía que estaban na lista de buscados polos represores. Foi rehabilitado en 1939, e destinado a Lleida como xuíz xurídico-militar.

O 27 de xullo de 1941 ingresou como membro de número na Real Academia Galega, coa lectura do discurso La mitología del agua en el noroeste hispánico, respondido por Manuel Casás Fernández. Ao ano seguinte recibiu a Cruz de Afonso X O Sabio.

En 1942 conseguiu ser destinado a Santiago de Compostela. Colaborou na constitución do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento en 1944, encargándose da sección de Arqueoloxía, e en 1945 acadou a praza de maxistrado. Foi destinado a Lugo, e en 1946 logrou o traslado a Pontevedra. En 1948 recibiu a Cruz de San Raimundo de Peñafort, mais foi denunciado, e solicitou o traslado a Lleida. Despois estivo traballando en Oviedo. En 1951 fixo unha estadía en Bos Aires, e estableceu contacto coa colectividade da emigración e o exilio. En 1952 doutorouse en Historia, pola Universidade de Madrid, co estudo «Estaciones paleolíticas del Bajo Miño», investigación que levara a cabo xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.

En 1952 foi cesado do seu posto de maxistrado, e instalouse en Santiago de Compostela, onde retomou o contacto con Otero Pedrayo, o seu grande amigo. A economía familiar resistiu grazas á farmacia da súa muller na rúa do Vilar, e en 1956 abriu despacho de avogado en Santiago de Compostela, se ben non o atendía demasiado. Nos seguintes anos seguiu levando a cabo investigacións (participou nas escavacións arqueolóxicas realizadas na catedral) e formou parte da vida cultural da cidade. Colaborou coa revista Compostellanum, da Sección de Estudos Xacobeos, e recibiu unha bolsa da Fundación Barrié de la Maza para facer un traballo sobre Rosalía de Castro.

Fermín Bouza Brey foi un dos colaboradores máis prolíficos de Nós. O seu primeiro texto nesta publicación apareceu en agosto de 1922, no número 12 da revista, o poema «Pra facer un feitizo». Comezaba así unha fecunda colaboración, xa fose con artigos de seu ou a catro mans con Castelao e Florentino López Cuevillas. Realizou recollida de cancioneiros, traballos de prehistoria e folclore, ademais de seguir coa creación literaria, como o poema en homenaxe a Manuel Antonio no seu cabodano. Tamén apareceron na revista varias das pezas que formaron o poemario Nao senlleira, aparecido en 1933.

Obra
O romance de Don Galaor (teatro; inédita)
Cabalgadas en Salnés (1925, narrativa)
Nao senlleira (1933, poesía)
Seitura (1955, poesía)

Bibliografía
Bouza Brey, Fermín (1981): Obra literaria completa. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
González Martínez, X. e Pérez, C. (coord.) (2011): Fermín Bouza Brey. Xuíz e Galeguista. Pontevedra: Deputación Provincial.
Rodríguez López, A. (coord.) (1992): Fermín Bouza Brey. Unha fotobiografía. Vigo: Edicións Xerais de Galicia .

Publicacións nas que participou Fermín Bouza Brey

Portada de  Actas do simposio de antropoloxía: in memoriam Fermín Bouza Brey
LIBRO. ACTAS

Actas do simposio de antropoloxía: in memoriam Fermín Bouza Brey

Santiago de Compostela, 10, 11 e 12 de setembro de 1992
Portada de  Autopoética, 1935
LIBRO. FACSíMILE

Autopoética, 1935

Bouza Brey

O Seminario de Estudos Galegos e Fermín Bouza Brey

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Terra (1923-1923) .
Boletín de Cultura Galega: Idearium da I.N.G. n'América do Sul
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Orensano, El (1944-1945) .
Periódico galego
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Lareira (1951-) .
Publicación de Lar Gallego de Valencia
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Mundo Gallego [1951-52] (1951-1952) .
Revista de Galicia en América
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Lérez (1962-) .
Revista do Centro Pontevedrés de Buenos Aires
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Centro Gallego de Ermua (1980-) .
Xornada das Letras Galegas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;

Artigos

FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1933) Tópicos. O falso conceito da unidade. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (309), 3.
Mencións: Fermín Bouza Brey ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1949) Arqueólogo e poeta. Galicia [Bs As 1930]. (1075), 5.
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Salvador Cabeza de León ; Armando Cotarelo Valledor ; Xosé Filgueira Valverde ; Luís Iglesias Iglesias ; Ramón Martínez López ; Magariños Negreira ; José Pena ; Wenceslao Requejo ; Francisco Romero Lema ; Lois Tobío Fernández ; Vidán Freiría ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (7/1951) Fermín Bouza Brey. Galicia [Bs As 1926]. (459), 4.
Mencións: Fermín Bouza Brey ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1953) 30 días de vida gallega: Glosa: Horizontes cerrados Una romería invernal Nuevas publicaciones Miscelánea informativa Panorama artístico-musical Notas económicas. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (5), 11 .
Mencións: Prisciliano ; Fermín Bouza Brey ; Manuel Chamoso Lamas ; E. Correa Calderón ; Alberto da Cunha ; Álvaro Cunqueiro ; M. Delphy ; Ramón Menéndez Pidal ; Teixeira de Pascoaes ; Elena Quiroga ; José María Ramos ; Casimiro Torres ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (10/1953) 30 días de vida gallega: Glosa: El galleguismo del P. Sarmiento El mundo de los libros Miscelánea cultural Fiestas y romerías Información económica. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (8), 16 .
Mencións: Xosé María Álvarez Blázquez ; Fermín Bouza Brey ; Ben-Cho-Shey ; Frei Martín Sarmiento ; Ramón Otero Túñez ; Juan B. Puig ; Elena Quiroga ; Castelao ; Juan Rof Codina ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (5/1956) Conversa con Fermín Bouza Brey. Galicia Emigrante. (20), 2 .
Mencións: Fermín Bouza Brey ;
NAYA PéREZ, J. (12/1958) Panorama coruñés. Finisterre. 1ª (10), 2.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Rosalía de Castro ; Álvaro Cunqueiro ; Manuel Murguía ; Alfonso Molina ; Ramón Otero Pedrayo ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1963) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (532), 36 .
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Fermín Bouza Brey ; Manuel Castro Gil ; Álvaro Cunqueiro ; Manuel María ; Ernesto Guerra da Cal ;
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Manuel Azaña ; Jesús Bal y Gay ; Eduardo Blanco Amor ; Fermín Bouza Brey ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Álvaro de las Casas ; Plácido Castro ; Manuel Colmeiro ; Arturo Cuadrado ; Álvaro Cunqueiro ; José Díaz Jácome ; Rafael Dieste ; Marino Dónega ; Francisco Fernández del Riego ; Bibiano Fernández Osorio-Tafall ; Ánxel Fole ; Johan Carballeira ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Manuel Leiras Pulpeiro ; Manuel Lugrís Freire ; Luís Manteiga ; Vicente Risco ; Carlos Maside ; Antonio Noriega Varela ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Antonio Pérez Sánchez ; Emilio Pita ; Rodolfo Prada ; Castelao ; Luís Seoane ; Ramón Suárez Picallo ; Luís Pimentel ; Antón Villar Ponte ; Victoriano Taibo ; Roberto Blanco Torres ; Camilo Díaz Baliño ; Evelio Acevedo ; Lois Peña Novo ; Eliseo Pulpeiro ; Eugenio Montes ; Aureliano José Pereira de la Riva ; Juvenal Ortiz Saralegui ; José Pasín Romero ;
(4/1977) In memoriam : O Leuter, un vello galeguista. Teima. (17), 4.
Ver nota breve
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Fermín Penzol ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Piñeiro ; Castelao ; Eleuterio, "Leuter" González Salgado ; Florentino L. Cuevillas ; Xosé Ramón e Fernández-Oxea, "Ben-Cho-Shey" ;
NAVAZA, X. (7/1977) Álvaro Cunqueiro : As puñeteras manías do noso país. Teima. (30), 24-26.
Ver entrevista
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Álvaro Cunqueiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Carles Riba ; Pompeu Fabra ;
(7/1977) Picaraña. Teima. (31), 33.
Ver recensión
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Bernardino Graña ; Friedrich Hölderlin ; Delfín Mariño ; Antón Patiño Pérez ; Lois Pereiro ; Xosé Manuel Pereiro ; Manuel Rivas ; Manuel Lourenzo ; Manuel Caamaño Suárez ; Nicolás Gómez ; Victor Rupen ; Xurxo Cuña ; Manuel Xiao ; Antón Lamazares ;
(7/1977) Escolma Teima. Teima. (31), 33.
Ver recensión
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Segundo L. Pérez López ; Andrés Torres Queiruga ; Antonio María Rouco Varela ; Juan José Cebrián Franco ; Francisco Carballo Carballo ; Norberto Alcover Ibáñez ; Bruno Fuentes ; Teolindo F. Gómez ; Julio Andión Marán ; Maricruz Carballido ; Hermelinda Dapena Tarela ;