Histórico: Participación de Eduardo Rolland nas actividades do CCG

----

Eduardo Rolland

1969 Vigo

Biografía de Eduardo Rolland

1969- Vigo

Xornalista e escritor galego. 


Licenciado en Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidad Complutense de Madrid. Traballou como redactor nos xornais Expansión e Faro de Vigo. Actualmente traballa de forma independente, aínda que colabora co diario La Voz de Galicia e dirixe o web GCiencia.


Libros publicados: Galicia, rutas con historia (1997, Prensa Ibérica); Historia ilustrada de Vigo (colectivo, 1998, Prensa Ibérica); Phiccións (2000, Xerais); La Batalla de Rande (2002, Prensa Ibérica); Galicia en guerra (2006, Xerais); Vigo. A cidade das ondas (2009, Lunwerg); Reconquista: Vigo en armas (2009, Xerais); Galicia (2011, National Geographic Society); Verne en la bahía del tesoro (Paganel, 2015); 20.000 leguas de Verne a Vigo (Lobito Bueno, 2016); Vigo Verne (SJVV, 2018).


Produción audiovisual: serie documental Do Miño ao Ulla (12 capítulos, Produtora Faro, 1998); documental A Arañeira, Galicia en Guerra (Produtora Faro, 2006); documental Crimes en Galicia (Articket Media, 2006); documental Novo Vigo Vello (TVE, 2011); serie documental As raíces da industria galega (guionista, 13 capítulos, TVG, 2013).


 

Eduardo Rolland participou...

Alimarias, estrelas e clons

Eduardo Rolland relator/a...

Carmela Porteiro

As que achegan a ciencia aos océanos