Paz Castro

----

Paz Castro

1977
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Paz Castro

1977-
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, con posgrao en Comunicación Audiovisual na Era Dixital. Dende 1997 ten traballado en varios medios de comunicación —prensa impresa, axencia de noticias, radio e televisión— de ámbito galego e estatal. Chegou a Kalandraka en 2004 para ocuparse dos departamentos de comunicación e de dereitos estranxeiros, aínda que a súa relación con este selo xa se remontaba aos anos 2000 e 2001, como responsable de comunicación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que nos seus comezos estaba coordinado pola editorial. Foi unha das fundadoras, en 2005, do selo Faktoría K de Libros, integrado actualmente na estrutura de Kalandraka.
A relación cos medios, a xestión de contidos na web e nas redes sociais, as recensións dos libros e as accións de promoción son parte do seu traballo á fronte da área de comunicación de Kalandraka, ademais de apoiar a editorial nalgunhas das feiras internacionais nas que participa. Alén disto, segue vinculada ao xornalismo informativo colaborando, dende hai 12 anos, con Europa Press.
Por outra banda, coopera con asociacións culturais e pertence a varios colectivos de defensa do medio natural e do patrimonio cultural, entre eles a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), como responsable de prensa.
No apartado das publicacións, foi unha das contribuíntes no libro Creating, publishing and criticism: The advance of women’s writing (Peter Lang, 2010), co artigo titulado “Women in Children’s Literature Today”.