Emma Lustres

----

Emma Lustres

1975 O Grove
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Emma Lustres

1975- O Grove
Funda en xaneiro do 2003 a produtora audiovisual Vaca Films Studio S.L. co obxectivo de converterse nunha produtora cinematográfica con base en Galicia, capaz de desenvolver e producir proxectos de calidade e éxito comercial destinados ao mercado nacional e con alta capacidade de internacionalización. Nun esforzo por estar presente nos principais foros do sector, forma parte das xuntas directivas de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), de AEC (Asociación Estatal de Cine) e de FAPAE (Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais Españois).
Formación: 2001, Mestrado en Xestión e Produción Executiva pola Universidade da Coruña; 2000, licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela; 1998, licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Filmografía:

Para Vaca Films: El Niño (2014), director: Daniel Monzón, longametraxe–produtora executiva; Somos Gente Honreada (2013), director: Alejandro Marzoa, longametraxe–produtora; Invasor (2012), director: Daniel Calparsoro, longametraxe–produtora; Lobos de Arga (2011), director: Juan Martínez Moreno, longametraxe–produtora; También la lluvia (2010), directora: Iciar Bollaín, longametraxe–produtora; Secuestrados (2010), director: Miguel Angel Vivas, longametraxe–produtora; Retornos (2010), director: Luis Aviles, longametraxe–produtora executiva; Celda 211 (2009), director: Daniel Monzón, longametraxe–produtora executiva; El tesoro (2007), director: Manuel M.Cuenca, Tv Movie, longametraxe–produtora executiva; Déjate Caer (2007), director: Jesús Ponce, longametraxe–coprodutora; La Zona (2007), director: Rodrigo Pla, longametraxe–produtora asociada; El partido (2006), director: Juan Calvo, Tv Movie, produtora–produtora executiva; Cargo (2006), director: Clive Gordon, longametraxe–coprodutora; Somne (2005), director: Isidro Ortiz, longametraxe, coprodutora; El Desconocido (2015), director: Dani de la Torre, longametraxe–produtora.