Noemí Álvarez Villar

----

Noemí Álvarez Villar


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Noemí Álvarez Villar


Profesora de ensino secundario na materia de Lingua Galega e Literatura. Desde 2009 é asesora de Idiomas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
É licenciada en Filoloxía Hispánica, en Filoloxía Galega e en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e ten o Máster en Ensinanza do Español como Lingua Estranxeira, Universidad Antonio de Nebrija.
Docencia: docencia non-universitaria: (2005) profesora de español para estranxeiros na USC (240 horas); (2006-2015) Docencia en secundaria e bacharelato na materia de Lingua Galega e Literatura. Actualmente é funcionaria.
Participou en diferentes congresos. Un dos máis recentes e relacionado coa temática “Role of Galician cultura in the school curricula”, no Seminario de expertos “The Ethnocultural Dimensions in Education”, Fislan, Neederlands, outubro, 2013.
Entre as súas publicacións destaca As douradas sílabas de X.M. López Ardeiro(Editorial Toxosoutos,2008); Por que o cola-cao non está no diccionario? Lingua galega e marcas rexistradas(Toxosoutos, 2010); Programación didáctica. Lingua galega e literatura(Aache, 2009); entre outros. Ten publicados artigos en libros como “Expresións substantivas non-transparentes do léxico do fútbol”, en Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina; ou “Léxico deportivo en lingua galega: os préstamos no fútbol”; Interlingüística 18, así como publicacións en CD editadas por Galaxia.

Noemí Álvarez Villar nas actividades do CCG