Xosé Manuel Moo

----

Xosé Manuel Moo

1973 Salvaterra de Miño
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xosé Manuel Moo

1973- Salvaterra de Miño
Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Vigo, traballou como profesor de Lingua Galega na Facultade de Tradución e Interpretación desa universidade. Dende 1999, é autor de materiais de educación secundaria, obrigatoria e postobrigatoria, para o ensino de Lingua e Literatura galegas.
En 2001, entra a formar parte do cadro de persoal de Edicións Xerais de Galicia, onde se encarga da coordinación dos materiais educativos de lingua e literatura para a ESO e bacharelato, así como da edición de títulos de referencia de lingua galega e de coordinar a colección Crónica.