Concha Costas

----

Concha Costas

Biografía de Concha Costas


Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela (1984-1989), é docente de ensino medio desde o curso 89/90, con destino definitivo no IES Auga da Laxe (Gondomar), centro onde se encontra actualmente en activo como profesora de Lingua e Literatura Galega e onde exerceu como coordinadora da biblioteca escolar desde o curso 2005/06 até o curso 2010/2011. Foi profesora asociada de Tradución Inglés-Galego na Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo nos cursos 94/95 e 95/96. Foi presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística entre os anos 1997 e 2002.
Ten diversas publicacións de traducións do inglés para o galego e artigos sobre sociolingüística e sobre bibliotecas escolares e lectura. Participa habitualmente como relatora en actividades de formación relacionadas co fomento da lectura e coas bibliotecas escolares, dentro e fóra de Galicia. Na actualidade, é presidenta da asociación Espazo Lectura, que desenvolve no Val Miñor un amplo programa de actividades de fomento da lectura no que se inclúen doce citas mensuais estables, ademais doutras propostas anuais ou puntuais: contacontos, sesións de dinamización lectora, actividades de formación, clubs de lectura, sesións de lectura en voz alta, unha noite na biblioteca...

Materiais de Concha Costas