Germám Hermida

----

Germám Hermida

Biografía de Germám Hermida


Licenciado en Xornalismo pola USC e en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED. Redactor de Culturagalega.gal desde agosto do 2000. Desenvolve un traballo continuo no campo do asociacionismo cultural, participa en colectivos como o Movimento Defesa da Língua, AGAL ou a Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro). No ámbito da banda deseñada foi fundador de BD Banda, asociación desde a que participou no desenvolvemento da revista homónima e realizou, en colaboración, exposicións como As Bases da Banda ou As Cantigas de Santa María: Arte BDieval. Coordinou diferentes propostas arredor da novena arte, como o monográfico de BD no Salón do Libro Infantil de Pontevedra (2009) ou a delegación galega no Saló del Cómic de Barcelona (2007 a 2009). En 2013 participou na fundación da AC Morreu o Demo para a recuperación do Títere Tradicional Galego, desde a que participa na posta en marcha e desenvolvemento de propostas como o Festival Titiriberia (desde 2016), as exposicións Onde foi Barriga Verde? e Barriga Verde: De feira en feira e en distintas publicacións e actividades que continúan. Colaborou en medios como Tempos Novos, Novas da Galiza, Sermos Galiza, BD Banda, Boletín Galego de Literatura e desenvolveu diferentes palestras sobre cuestións de patrimonio ou banda deseñada.

Germám Hermida nas actividades do CCG