José Manuel Blanco González

----

José Manuel Blanco González

1965 Santiago
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de José Manuel Blanco González

1965- Santiago
É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Diplomado na Escola de Práctica Xurídica USC-ICASC, e Licenciado en Económicas, Ciencias Políticas e da Administración –Especialidade en Relacións Internacionais- pola mesma universidade.
Acreditado en suficiencia investigadora no Programa de Doctorado “La Jurisprudencia Comunitaria sobre el Derecho de la Competencia en la Unión Europea” (UNED 1997-1999), Stagiaire no Consello e na Comisión Europea (Servizo Xurídico e DG AGRI) e Titulado en Alta Dirección polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP - 2005).

É un economista, xurista e politólogo, especializado en asuntos internacionais e Dereito da competencia da UE. Subdirector Xeral de Análise e Programación da Direción Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia dende 1997 e Secretario Técnico do Consello Asesor da Fundación Galicia Europa). Profesor colaborador da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) nas áreas de Dereito Administrativo, Políticas públicas europeas e Dereito da UE, e do Instituto Universitario de Estudos Europeos “Salvador de Madariaga” da Universidade da Coruña (UdC). Profesor colaborador do Máster de Internacionalización da Zona Franca de Vigo. Funcionario de carreira do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia. Avogado non exercente, previo exercicio da Avogacía (Colexio de Avogados de Santiago de Compostela), Letrado por oposición da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia, membro do Padroado e do Consello de Goberno do Museo do Pobo Galego e presidente da Asociación Federalista Europea (1993).

Ten máis dunha ducia de publicacións, entre as que destaca como editor-coordinador do volume “Galicia, de hoxe noutros corenta anos” (MPG-Sacauntos Ed., 2020) e do volume “Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico” (Xerais, 2014). Foi articulista colaborador na Voz de Galicia (1999-2020) nas seccións de economía e opinión, e coa columna “A síndrome G”.
e tamén en Diario 16 e Atlántico Diario.