Juan José Casares Long

----

Juan José Casares Long

1950 A Coruña
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Juan José Casares Long

1950- A Coruña

Natural da Coruña, onde naceu en 1950, casado e pai de dous fillos. Licenciado en Química (1972) pola Universidade de Santiago de Compostela, doutor en Química pola Universitat Autònoma de Barcelona e Ph.D. en Enxeñaría Química pola Universidade de Salford (1978).
Catedrático de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago de Compostela dende 1992. Foi director do Departamento de Enxeñaría Química e reitor da Universidade de Santiago entre 2010 e 2014. 
Ten publicados máis de 70 artigos científicos, é coautor dunha ducia de monografías técnicas, director de trece teses de doutoramento, proxectos competitivos e contratos de investigación. Tamén impartiu numerosas conferencias e seminarios.
No sector industrial, traballou nas empresas Tudor S.A. e Endesa.
En canto ao ámbito da Administración, foi director do Centro de Supercomputación de Galicia e director xeral da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Así mesmo, foi presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago, da Comisión Técnica de Informática de Galicia e do Padroado da Fundación Universidade-Empresa de Galicia.
Na actualidade é membro do Board of Directors do Wessex Institute of Technology e da Xunta Directiva de Música en Compostela.