Histórico: Participación de Jorge Mira Pérez nas actividades do CCG

----

Jorge Mira Pérez

1968 Baio, A Coruña

Biografía de Jorge Mira Pérez

1968- Baio, A Coruña
Baio (A Coruña), 1968.
Licenciado e doutor europeo en Física, con premio extraordinario. Catedrático de electromagnetismo no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Ten publicado máis de 120 traballos científicos en revistas de rango internacional (índice h > 25) en diferentes temáticas, que van dende as propiedades eléctricas e magnéticas de materiais e a nanotecnoloxía até a imaxe médica ou a modelización matemática de sistemas sociais. Tres deses traballos son en común co Premio Nobel de Química 2019 John B. Goodenough.
Como investigador recibiu, entre outros, os seguintes galardóns: foi Finalista do Premio 'Investigador Novel' da Real Sociedad Española de Física (1999); Premio de Investigación en Ciencia e Tecnoloxía da Deputación de Pontevedra (2001); Premio da Real Academia Galega de Ciencias (2002); Premio do Colexio Oficial de Físicos de España (2010); XXXIV Premio da Crítica Galicia —modalidade de investigación— (2011); e Mención de Honra do Premio de investigación da Real Academia Galega de Ciencias (2011).
Director do Departamento de Física Aplicada da USC (2006-2014).
Foi colaborador da Secretaría General de Política Científica y Tecnológica do Ministerio de Educación e Ciencia do Gobierno de España, para a posta en marcha do Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía (INL) de Braga (2006-2007).
En 2018 foi nomeado polo Gobierno de España membro da comisión de
expertos para o estudo da reforma da hora oficial.
Foi membro do consello editorial da Revista Española de Física (2012-2018); membro do consello de redacción da revista Grial (2016-); membro do Padroado da Fundación Hipocrática do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (2017-); director da colección de divulgación científica da editorial da USC (2012-); membro da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega (2015-) e académico correspondente da Real Academia Galega (elixido en 2016).
Colabora dende finais dos anos 90 en varios medios de comunicación: en programas de TVE-Galicia, da Radio Galega, de RNE-Radio Clásica, de Onda Regional Murcia e da Televisión de Galicia. Publica no diario La Voz de Galicia, onde ademais é columnista científico. É responsable do programa Conciencia, unha acción de divulgación científica artellada ao redor da visita a Galicia de Premios Nobel (ou o seu equivalente en matemática e ciencias da computación) dende a súa creación en 2006. Ao abeiro deste programa puxo en marcha en 2008 o Premio Fonseca de comunicación da ciencia, de carácter internacional.
Polo seu labor divulgativo ten recibido numerosos premios de ámbito nacional, coma o Premio Física en Acción (2000) o Premio Ciencia en Acción (2005 e 2017), a Medalla de Honor Ciencia en Acción (2010), o Premio José María Savirón (2011), o Premio da Real Sociedad Española de Física - modalidad de enseñanza y divulgación de la física (2012), o Prisma especial do xurado – XXX Prismas Casa das Ciencias á divulgación (2017); e de ámbito autonómico, coma o Premio Lois Peña Novo (2014), o Premio Exxpopress (2016) ou o XL Premio da Crítica Galicia - modalidade de iniciativas culturais e científicas (2017).

Publicacións nas que participou Jorge Mira Pérez

Portada de  Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral
LIBRO

Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral

(De fácil comprensión)

Jorge Mira Pérez presentou...

Jorge Mira Pérez relator/a...