Carles A. Foguet

----

Carles A. Foguet


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Carles A. Foguet


Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración e especializado en Análise Política pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). Diplomado en Comunicación e Estratexia Política polo Institut de Ciències Polítiques i Socials (ICPS). Tamén é máster internacional en Sports Management e en Dirección de Márketing e Comunicación.

É colaborador docente no Máster de Márketing Político do ICPS e no Máster en Xestión da Comunicación Política e Electoral da UAB. Editor do Cercle Gerrymandering e director de comunicación e fundador do magazine cultural Jot Down.

Carles A. Foguet nas actividades do CCG