Anik Nandi

----

Anik Nandi


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Anik Nandi


Sociolingüista bengalí. Actualmente é James Watt Scholar (bolseiro) en Heriot-Watt University (Edimburgo, Reino Unido), onde desenvolve a súa tese de doutoramento. Investigador en formación nun proxecto da Unión Europea (COST ActionIS1306: New Speakers in a Multilingual Europe) sobre os neofalantes de galego. Tamén é investigador asociado no equipo de sociolingüística do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador na Cátedra UNESCO de Patrimonio Lingüístico Mundial da Universidade do País Vasco. Especialista nas áreas de política lingüística, linguas minoritarias/ameazadas e no ensino de linguas estranxeiras. Participa activamente en conferencias nacionais e internacionais.
Autor de diversas publicacións científicas recollidas en revistas prestixiosas como Atlantis. Journal of the Spanish Association of Anglo-American Studies, Grial. Revista Galega de Cultura, Hispanic Horizon e Papeles de la India. Foi bolseiro do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España (2008-12). No ano 2010-2011, participou nos medios audiovisuais como correspondente estranxeiro do programa Cultura 10, producido e emitido pola Televisión Autonómica de Galicia (RTVG).