David Cobas Medín

----

David Cobas Medín

Biografía de David Cobas Medín


Técnico de normalización lingüística no Concello de Rianxo, entidade que preside a acabada de fundar Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega.
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Formouse no ámbito da normalización traballando como bolseiro no Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago, no Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e no Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega.
Foi técnico de normalización lingüística nos concellos da Laracha e Vigo e nos servizos de normalización lingüística das universidades da Coruña e de Santiago de Compostela.
Formador e avaliador en lingua galega para a Xunta de Galicia (Celga e linguaxes específicas), impartiu cursos para a comunidade universitaria da USC e da UDC (redacción científica, calidade lingüística, etc.), para a Deputación da Coruña e tamén para empresas privadas, fundacións e asociacións. Creador de materiais didácticos en lingua galega.
Membro da directiva da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) desde o ano 2011.