Alfonso de la Torre

----

Alfonso de la Torre

1960 Madrid
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Alfonso de la Torre

1960- Madrid
Asesor de arte, proxectos museográficos, coleccións públicas e privadas e un dos maiores coñecedores de catálogos razoados, realizou a “Obra gráfica de Manolo Millares”, “Pablo Palazuelo”, “Fernando Zóbel”, “Manuel Rivera” ou “Manolo Millares”.
Traballou para a coñecida Colección CIRCA XX-Pilar Citoller e foi o seu director conservador dende 1999. Colaborou tamén como experto, por exemplo, nas coleccións Caja Madrid, Caixa Galicia, GMG (México), Ibercaja, Montes Gonzalez ou El Coto.

Teórico e crítico de arte, especialista en arte española contemporánea. Comisariou máis dun centenar de exposicións, publicou ensaios e poesía e tamén impartiu cursos en diversas universidades e institucións: MNCARS, Museo de Teruel, Universidad de los Andes, Universidad de Córdoba, Universidad de Granada, Universidad de Castilla-La Mancha ou Université de La Sorbonne.

Dirixe a colección de ensaios fotográficos El Ojo que Ves (Universidad de Córdoba-La Fábrica), da que se editaron sete volumes sobre autores visuais contemporáneos. Traballa actualmente, por encargo da Fundación Juan March, nun proxecto expositivo sobre Paul Klee e a súa relación coa arte española: Paul Klee. Los irredentos kleeianos.

É vicepresidente da Fundación Pilar Citoler, responsable desde 1999 da Colección Circa XX, integrada recentemente na colección do Goberno de Aragón.

Publicacións nas que participou Alfonso de la Torre

Alfonso de la Torre nas actividades do CCG

O catálogo razoado

Arte + Coleccionismo