Histórico: Participación de Enrique Moral Sandoval nas actividades do CCG

----

Enrique Moral Sandoval

1945 Zaragoza

Biografía de Enrique Moral Sandoval

1945- Zaragoza
Títulos académicos: licenciado en Ciencias Políticas, Universidad Complutense de Madrid, 1970; licenciado en Dereito, UCM, 1974; doutor en Ciencias Políticas, Premio Extraordinario, UCM, 1994.

Datos profesionais actuais: profesor titular da Facultade de Ciencias Políticas, UCM; director xerente da Fundación Aena; director da revista Aena-Arte.

Traballos e cargos desempeñados con anterioridade: concelleiro e tenente de alcalde, Área de Cultura, Educación, Xuventude e Deportes, Concello de Madrid (1979-1986); director do Gabinete do Ministro de Relacións coas Cortes e da Secretaría do Goberno (1986-1987); director xeral de Servizos do Ministerio de Relacións coas Cortes e da Secretaría do Goberno (1987-1992); director xeral de Relacións Institucionais na Sociedad Estatal Expo-92 (Sevilla, 1992); vogal do Consello de Administración de Patrimonio Nacional (1987-1994); presidente do Padroado da Fundación de Gremios (1987-1993); director-xerente da Fundación Aena (1994-2001 e 2012-2015).

Actuacións no campo da arte contemporánea: presidente da Comisión de Cultura e da Comisión de Adquisicións do Concello de Madrid (1979-1986), no desempeño desta responsabilidade iniciouse a Colección de Arte Contemporánea do concello. Baixo a súa responsabilidade, tiveron lugar todas as exposicións artísticas realizadas durante eses anos no Museo Municipal, no Centro Cultural Conde Duque e no Centro Cultural de la Villa de Madrid; encargado da adquisición de obras de arte contemporánea para decorar diversas estancias e zonas axardinadas do recinto da Moncloa (1986-1992); membro da Comisión de adquisicións de arte contemporánea do Consello de Administración de Patrimonio Nacional. Esta Comisión funcionou entre 1989 e 1992, e compoñíana, ademais, Rafael Canogar, Julio Feo e Dionisio Hernández Gil. A colección presentouse ante as SS. MM. os Reis de España no Palau Solleric de Palma de Mallorca en 1991. Como director-xerente da Fundación Aena, coordinou as adquisicións para a Colección Aena de Arte Contemporáneo. Así mesmo, levou a cabo a realización de exposicións da Colección Aena en Madrid (2), Palma de Mallorca, Valencia, Málaga, A Coruña, Valladolid e Marbella (Málaga), así como a presentación da Colección en ARCO (1999); conservador desde 1998 da Colección Aena de Maquetas Aeronáuticas, composta por 30 pezas artesanais de gran valor.

Publicou varios libros e numerosos artigos sobre temas de carácter histórico e relacionados coas materias da súa disciplina académica. Está en posesión das seguintes condecoracións: Encomienda de Isabel La Católica, Ordre des Arts et des Lettres da República Francesa e Gran Cruz do Mérito Militar.

Enrique Moral Sandoval relator/a...

Arte + Coleccionismo