Guillermo de Osma

----

Guillermo de Osma

1953
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Guillermo de Osma

1953-
Historiador da Arte e galerista. Viviu en Londres —onde traballou en Sotheby’s—, Lyon —no Museo de Tecidos e Artes Decorativas— e Nova York —onde, despois de levar o Latin American Office de Sotheby’s, abriu unha galería.
Ao seu regreso a Madrid funda, en 1991, a galería Guillermo de Osma, que se especializa en vangarda histórica española, europea e latinoamericana. Organizou e comisariou máis de setenta exposicións (onde destacan as monográficas dedicadas a Maruja Mallo, Óscar Domínguez, Joaquín Torres-García e a vangarda en España, La pintura del 27).
Especialista en Mariano Fortuny e Madrazo, publicou en 1980 Mariano Fortuny. His life and work (Aurum Press, Londres; Rizzoli, Nova York). Comisariou unha exposición antolóxica sobre Fortuny para o Musée des Tissus et des Arts Decoratifs de Lyon en 1980, que viaxou a Brighton, Chicago e Nova York.
Publicou o ensaio Fortuny, Proust y los Ballets Rusos (Barcelona, Elba, 2010), edición francesa: Fortuny et Proust. Venise et les Ballets Russes (L’Echoppe, París, 2014), e a monografía Mariano Fortuny. Arte, Ciencia y Diseño (Ollero y Ramos, 2012), que se editará a finais deste ano en edición española e inglesa co museo Victoria & Albert de Londres.
Impartiu conferencias e publicou sobre a moda, o coleccionismo, a arte española dos séculos XIX e XX, ademais de ser editor do importante Diccionario de las Vanguardias en España. 1907-1936 (Madrid, Alianza Editorial, 1995).

Publicacións nas que participou Guillermo de Osma

Guillermo de Osma nas actividades do CCG

Arte + Coleccionismo