PERSOAS

----

Marta Álvarez Quintero


Granxeira, agricultora, gandeira e galleteira.
Licenciada en Ciencias Empresariais. En 2000 faise cargo da explotación que o seu pai (José Manuel Ávarez Varela) e a súa nai (Mary Quintero) tiñan na localidade lucense de Cumbraos (Monterroso) e que ela transforma en Granxa Maruxa, unha explotación ecoloxista que, a partir de 2010, converte en galletería na que fabrica as recoñecidas Maruxas de nata.
Noutra orde de cousas, é unha das promotoras do II Festival Son Agrogai da Ulloa, que tivo lugar na Granxa Maruxa o 29 de agosto de 2015.
Premios: nos anos 2011 e 2012 recibe o Premio Nacional que o Ministerio de Agricultura concede á muller rural e emprendedora. Recibe tamén en 2013 galardóns como o International Superior Taste & Quality Award, outorgado polos 60 mellores chefs do mundo; o Zoco de Ouro pola recuperación de sabores antigos, e o Premio Alimentos de España a Mulleres Emprendedoras.
Participou en