Ana Guantes

----

Ana Guantes

Biografía de Ana Guantes


18 anos na emisora da Cadena SER en Vigo, onde realizou todo tipo de programas, informativos, especiais electorais, campañas e deportes (Carrusel Deportivo), a nivel local, de Galicia e en intervencións estatais.
Directora de Vigo Virtual (xornal, revista e web). Corresponsalías: El Ideal Gallego, O Correo Galego e Periódico de Catalunya. Editora e presentadora de programas en Localia Televisión.
7 anos na Cadena SER en Madrid como xefa de reportaxes; Redactora xefa de Hoy por Hoy e editora con Carles Francino; Presentadora de Hoy por Hoy e La Ventana substituíndo a Francino e Gemma Nierga; Subdirectora do informativo Hora 14 e presentadora do mesmo programa en substitución de José Antonio Marcos.
Recoñecementos: os máis importantes, os tres premios Ondas de Radio como editora do programa Hoy por Hoy; como integrante do equipo que realizou para a Cadena SER os especiais informativos da catástrofe do Prestige; e pola cobertura informativa do accidente do Alvia en Santiago de Compostela.
Dende hai dous meses é xefa de prensa da Deputación Provincial de Pontevedra.

Ana Guantes nas actividades do CCG