Oli Xiráldez

----

Oli Xiráldez

1970 Redondela

Biografía de Oli Xiráldez

1970- Redondela
Aprendeu o oficio da fabricación de gaitas entre os anos 1990 e 1993 cos mestres Antón e Carlos Corral, e dende ese ano dedícase á construción artesanal de instrumentos de vento da tradición musical galega.

Paralelamente, ten unha dilatada traxectoria como instrumentista de gaita, requinta e outras frautas traveseiras de sistema simple, en grupos como Chouteira, Tintafemia, Carapaus, Os Carambolos, OCT Ultreia, Fondaos do Pífaro...

Entre os anos 1990 e 2001, tocou a gaita no acompañamento da Danza das Espadas e as Penlas de Redondela.

Participou en publicacións colectivas como Treboada Galega (Gaiteiros da Xistra, 2012) e Congreso Faustino Santalices (Difusora das letras, artes e ideas, 2011) con artigos relativos á construción e recuperación de instrumentos tradicionais galegos.

Dende o ano 2006, é membro da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos.