Rosaura Leis Trabazo

----

Rosaura Leis Trabazo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Rosaura Leis Trabazo


Profesora titular de Pediatría, Facultade de Medicina, USC; coordinadora da Unidade de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica do Hospital Clínico Universitario de Santiago-Xerencia de Xestión Integrada de Santiago; líder do GI Nutrición Pediátrica do IDIS de Santiago-ISCiii; codirectora do Estudio GALINUT; directora da Unidade de Nutrición, Crecemento e Desenvolvemento Humano de Galicia-USC; vicepresidenta da Fundación Dieta Atlántica da USC; coordinadora do grupo de traballo: Obesidade en nenos e adolescentes da Estratexia NAOS; membro do Plan Galego de Prevención da Obesidade Infantil (Xermola); coordinadora de Grupo de Traballo e asesoría científica do Comité Director do Proxecto “Galicia Saudable” da Presidencia da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o Deporte); colaboradora da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia para a elaboración de “Menús Saudables no Comedor Escolar”; asesora da Estratexia PASEA, Consellaría de Sanidade. Xunta de Galicia; membro do Consello Científico da Estratexia THAO de prevención da obesidade infantil; vicepresidenta da Sociedade de Nutrición e Dietética de Galicia (SONUDIGA).
Académica correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
Títulos profesionais: médica especialista en Pediatría e as súas áreas específicas. Médica Puericultora. Máster en Nutrición Clínica (Universidad Autónoma de Madrid). Máster en Dietoterapia e Alimentación no Neno e o Adolescente (Universidad de Zaragoza). Acreditación en Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica pola Asociación Española de Pediatría.
Estadías en centros de investigación estranxeiros e nacionais como o Free University Hospital de Amsterdam (Holanda) ou o Ospedale S. Paolo-Universitá Degli Studi di Milano,
Conta con 30 proxectos de investigación subvencionados e convenios de investigación: Unión Europea (Eurogrowth), Xunta de Galicia, FEUGA, CITT-OIT, FEDER, FIS e Industria. Dirixe 11 memorias de licenciatura, 18 traballos de investigación tutelados, 40 traballos fin de máster e 15 teses de doutoramento.
Ten publicados libros como editora e autora, e capítulos en libros internacionais: 59; libros como editora e autora así como capítulos en libros nacionais: 101; artigos en revistas: 210; outras publicacións internacionais: 56. Outras publicacións nacionais: 194

Rosaura Leis Trabazo nas actividades do CCG