Manuel Quintana Martelo

----

Manuel Quintana Martelo

1946 Santiago de Compostela
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Manuel Quintana Martelo

1946- Santiago de Compostela
Estuda Pintura e Gravado na Facultade de Belas Artes Sant Jordi de Barcelona, Pintura Mural no Centro de Mural Contemporáneo de Sant Cugat do Vallés e Cine no Centro de Arte Cinematográfica de Barcelona. Completa a súa formación con bolsas de estudos de diferentes entidades nacionais e estranxeiras.

É catedrático de Debuxo de instituto de bacharelato e foi presidente da Asociación Galega de Artistas Visuais.

En novembro de 2003 é elixido Académico de Número da Sección de Pintura da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, na que ingreso 11 de xuño de 2004 cun discurso titulado “A Forma: Natureza do debuxo”.

Realizou exposicións individuais e colectivas en centros de todo o mundo, entre as que destacan as levadas a cabo no Museo de Arte Contemporánea de Eivissa, Museo Nacional de Santo Domingo, Museo Nacional de Belas Artes na República do Salvador ou na Hispanish Institute de Nova York. Ademais, participou en feiras internacionais de arte como ARCO en Madrid, SAGA en París, Artmory en Nova York ou Art Chicago e en diferentes galerías profesionais.