Biografía de Ramón Cabanillas
1876- Cambados, Pontevedra | 1959 Cambados, PontevedraRamón Cabanillas Enríquez, coñecido coma o "poeta da raza", é un dos autores máis relevantes da literatura galega da primeira metade do século XX
Naceu no barrio de Fefiñáns o 3 de xuño de 1876. Comezou os estudos eclesiásticos en Santiago de Compostela, no seminario de San Martiño Pinario, onde permaneceu entre 1889 e 1893. Traballou como funcionario no seu concello natal, ao tempo que dirixiu o quincenal El Umia (1907) e o decenal El Cometa (1910), ambos de tendencia anticaciquil.
Entre setembro de 1910 e xuño de 1915 estivo emigrado en Cuba. Alí abrazou a causa do galeguismo, especialmente da man de Basilio Álvarez, con quen se posicionou a favor do agrarismo, e de Xosé Fontenla Leal, un dos promotores da Real Academia Galega, quen o animou a que escribise en lingua galega. En Cuba publicou as súas primeiras obras: xa en 1910 o poema «Lonxe» na revista Suevia, e despois os libros No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
De volta a Galicia, traballou como secretario no concello de Mos, Moaña, Cuntis e Redondela. En 1917 publicou Da terra asoballada, que continúa a poesía social dos seus primeiros volumes, pero xa vai aparecendo Galicia como suxeito colectivo. Implicouse no proxecto das Irmandades da Fala e colaborando de forma habitual no periódico A Nosa Terra. Participa nas tres primeiras Asembleas Nacionalistas de Lugo (1918), Santiago de Compostela (1919) e Vigo (1921). Nesta última é designado xunto con Vicente Risco, Xohán Vicente Viqueira e mais Antón Villar Ponte como encargados dun relatorio para a uniformidade no idioma. Porén, non asiste á Cuarta Asemblea (Monforte, 1922) tras a ruptura das Irmandades e o seu posicionamento a carón do galeguismo máis conservador de Vicente Risco.
Antón Villar Ponte, implicado na posta en valor dun teatro galego moderno, encargoulle dúas obras. O 22 de abril de 1919 o Conservatorio Nacional da Arte Galega estreou na Coruña A man da Santiña, unha comedia amorosa protagonizada por personaxes fidalgos. En 1920 Cabanillas rematou O mariscal, publicado en 1926, baseada na vida de Pedro Pardo de Cela.
O 31 de agosto de 1920 ingresou como membro de número da Real Academia Galega, a proposta de Francisco Tettamancy y Gastón, Florencio Vaamonde Lores e Eladio Rodríguez González. O seu discurso «A saudade nos poetas galegos» foi respondido polo propio Eladio Rodríguez. En 1927 foi elixido, xunto con Armando Cotarelo Valledor, membro da Real Academia Española como representantes das letras galegas. Ingresou en 1929 cun discurso sobre Eduardo Pondal.
Entre 1921 e 1924 viviu en Madrid, onde foi correspondente do periódico ourensán La Zarpa. En 1924 comezou a traballar como administrador no balneario de Mondariz, propiedade de Enrique Peinador, quen custeara varias das publicacións do escritor cambadés. Nesta etapa seguiu escribindo: de 1926 é o poemario Na noite estrelecida, con presenza de elementos do ciclo artúrico, de 1927 é A rosa de cen follas, onde recupera o seu lirismo intimista.
Ramón Cabanillas publicou nove escritos na revista Nós, case todo textos poéticos. No número 8 (decembro de 1921, dedicado por completo a Irlanda) publícase un poema seu ao país irmán, e no número 18 (xullo de 1923) aparece un soneto adicado ao apóstolo Santiago. Nos números 20 (agosto 1925) e 25 (xaneiro de 1926) publica dous longos poemas, «As pombas do perdón» e «A espada Escalibor». No número 42 (xuño de 1927) aparece un texto lido dous meses antes no Seminario de Estudos Galegos: «As romaxes de Nosa Señora da Franqueira», onde conta a súa experiencia como peregrino ofrecido. No número 81 da revista Nós (setembro de 1930) publica un poema, lido no banquete que se celebrara na Barxa o 25 de xullo dese ano. Poemas seus aparecen tamén abrindo os números 88 («Xoquín», abril de 1931), 90 («O relembro do clan», xuño de 1931) e 91 («Romances da frebe», xullo de 1931).
Esa foi a súa derradeira colaboración coa publicación. Foi por entón, pouco despois da chegada da Segunda República Española, cando rompeu co galeguismo. Apoiou, ao igual ca Basilio Álvarez, os diversos gobernos presididos por Alejandro Lerroux.
Cando tivo lugar o alzamento nacional de 1936 estaba en Madrid. Desde alí trasladouse a Valencia, onde retomou o contacto con Castelao, mais en 1937 regresou a Cambados. Xa con sesenta e un anos, cun fillo falanxista e outro republicano, traballou como secretario interino en diversos concellos, como Meis, Silleda, Dozón ou Moaña, e recibiu diversas denuncias polo seu pasado galeguista.
En xaneiro de 1944 estreouse en Cambados o seu poema dramático A ofrenda ás fadas no portal de Belén. Logo duns anos de silencio, retoma o activismo coa publicación de diversas obras, inaugurando respectivamente os catálogos de Bibliófilos Gallegos con Camiños no tempo e de editorial Galaxia coa antoloxía Antífona da Cantiga. En 1954 publicou Da miña zanfona na colección Xistral, e aínda publicaría outros dous libros antes do seu falecemento, o 9 de novembro de 1959. Nese mesmo ano vería a luz en Bos Aires a súa obra completa.
OBRA
Poesía
No desterro (1913)
Vento mareiro (1915)
Da terra asoballada (1917)
O cabaleiro do Sant Grial (1922)
Estoria do bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi (1925)
Na noite estrelecida (1926)
A rosa de cen follas (1927)
Camiños no tempo (1949)
Antífona da cantiga (1951)
Da miña zanfona (1954)
Versos de alleas terras e tempos idos (1955)
Samos (1958)
Teatro
A man de Santiña (1921)
O mariscal (1926)
Publicacións nas que participou Ramón Cabanillas
LIBRO-AUDIO
Ramón Cabanillas.
Centro Galego de Madrid, 1964Publicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Galicia [A Habana] (1902-1930) .
1903-1904: Revista Semanal Ilustrada
Revista Semanal Ilustrada de mayor circulación en la República
1905, n.º 1: Sen subtítulo
1905, n.º 2-1906, n.º 33: Revista Regional de más circulación en la República de Cuba
1906, n.º 34-1907: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba y Defensor de los intereses gallegos en América
1914: Revista Regional Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
16-08-1925: Revista Semanal Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1926: Revista Gráfica Regional de La Habana. Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1930: Publicación Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Correo de Galicia (1908-1945) .
Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. Es el periódico regional de mayor circulación en Sud América
Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. Es el periódico español de mayor circulación en la Argentina y Uruguay
Patria Gallega, La (1912-) .
Revista Semanal Ilustrada: Órgano de los Intereses Gallegos en La Isla
Galicia Gráfica (1913-) .
Publicación Semanal
Centro, El (1914-1914) .
Suevia [1916] (1916-1916) .
Revista Gallega
Galicia Nueva (1916-) .
Acción Gallega (1920-1925) .
Publicación Oficial de Casa de Galicia
A partir do n.º 14: Revista Mensual de Casa de Galicia
Terra Galega (1921-) .
Boletín mensual: Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e paladín do honor da Raza Céltiga
Roladas, As (1922-) .
Folla dos rapaciños galegos
Acción Gallega (1923-) .
Suplemento de Bahía Blanca: Revista mensual de "Casa de Galicia" - Filial
Terra (1923-1923) .
Boletín de Cultura Galega: Idearium da I.N.G. n'América do Sul
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Unión Estradense (1928-) .
Instrucción-Fomento-Cooperación: Fundada el 8 de mayo de 1916: Adherida a la Federación de Sociedades Gallegas
Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda (1931-) .
Galicia en Madrid (1932-1936) .
Órgano de Lar Gallego: Revista mensual
Miliciano Gallego, El (1936-1937) .
Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster
Nova Galiza (1937-1938) .
Boletín quincenal dos escritores antifeixistas
Nueva Galicia (1937-1938) .
Portavoz de los Antifascistas Gallegos
Resol de Galicia en Buenos Aires (1937-1938) .
Hojilla volandera del pueblo
Saudade (1942-) .
Verba Galega nas Américas
Galiza (1947-) .
Órgano do Bloque Repubricán Nazonal Galego
Mundo Gallego [1952-53] (1952-1953) .
1ª Época: Revista de Galicia en Madrid
2ª-3ª Época: Órgano Oficial del Centro Gallego de Madrid
4ª Época: Revista del Centro Gallego de Madrid
Alborada (1952-1956) .
2ª época ata a actualidade: Órgano del Centro Gallego de Barcelona
Vieiros (1959-1968) .
Revista do Padroado da Cultura Galega de México
Aturuxo (1960-1961) .
Esmorga (1985-) .
Artigos
CABANILLAS, R. (10/1928) Poetas da Raza. ¡Meu carriño!. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (05), 25.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(5/1930) Verdadeira realidade. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 21.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(5/1930) O marxe dunha noticia. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 22.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CABANILLAS, R. (11/1932) O oso de Oseira. Arenteiro, O. 1ª (2), 15.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1934) Antoloxía nacional. Os inteleituas finiseculares. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 3.
CABANILLAS, R. (12/1942) Lexanías. Alborada. 1ª (118), 49.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CABANILLAS, R. (7/1944) Cantiga da Tecedeira. Acción Gallega. 2ª (18), 8.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CABANILLAS, R. (9/1945) ¡Alén ...!. Alborada. 1ª (128), 17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CASTELAO. (9/1945) La Saudade. Alborada. 1ª (128), 37-38.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CABANILLAS, R. (3/1947) Camiño longo. Alborada. 1ª (134), 33.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ, F. (12/1949) Trayectoria histórica del Galleguismo. Betanzos. 1ª (44), 23-25.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CABANILLAS, R. (12/1949) ¡En Pé!. Betanzos. 1ª (44), 62.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CABANILLAS, R. (1/1950) ¡Alén! .... Alborada. 1ª (144), 28.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1950) Cabanillas de nuevo. Galicia [Bs As 1930]. (1105), 8.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (11/1950) Galicia cada treinta días (septiembre). Galicia [Bs As 1926]. (452), 17 .
CABANILLAS, R. (1/1951) ¿De qué morte morreu a nosa prenda? (Poema adicado a memoria de Castelao). Betanzos. 1ª (45), 74.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1951) Galicia cada treinta días (marzo). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (457), 10 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1951) Las canciones del pueblo. Galicia [Bs As 1930]. (1152), 8.
(1/1954) Un drama lírico gallego. Letra de Cabanillas y música de Maiztegui. Opinión Gallega. 1ª (147), 2.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CABANILLAS, R. VILLAR PONTE, R. (1/1954) Frouseira, triste frouseira .... Opinión Gallega. 1ª (147), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CABANILLAS, R. MOLIèRE. (1/1954) «Píldoras sanativas» pra quenes sofren a maladia de non falar en galego. Opinión Gallega. 1ª (147), 12.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1954) 30 días de vida gallega:Glosa: Tres generaciones poéticasMiscelánea culturalPanorama artístico-musicalEl mundo de los librosInformación económica. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (9), 16 .
CABANILLAS, R. (7/1954) ¡Meu carriño!. Orzán. 1ª (6), 16-17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1957) Noticiero Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (498), 8 .
FEIJóO VARELA, J. (2/1958) Mondoñedo. Voz de Breogán, La. 1ª (3), 8.
Ver reportaxe Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(3/1958) Correo de Galicia. Voz de Breogán, La. 1ª (4), 6.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
MACIEL, A. (4/1958) ¡Padrón! ¡Padrón!. Voz de Breogán, La. 1ª (5), 4.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(4/1958) Correo de Galicia. Voz de Breogán, La. 1ª (5), 6.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1958) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (501), 4 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1959) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (505), 6 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (5/1959) Catro conversas. Galicia Emigrante. (37), 8 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1960) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (512), 28 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1964) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (536), 9 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (1970) Cabanillas na Terra do Salnés. Casa de Galicia de Unidad Gallega. , 43.
(12/1976) Dous mares de bágoas. Teima. (1), 32.
Ver opinión
(12/1976) Escolma Teima. Teima. (2), 34.
Ver recensión
(12/1976) TEIMA : Primeiros pasos en sociedade. Teima. (3), 4-5.
Ver artigo
CASTELAO. (12/1976) [Ilustración de Cabanillas por Castelao]. Teima. (3), 4.
Ver ilustración
(1/1977) Un ano pra Villar Ponte. Teima. (5), 4.
Ver nota breve
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
CARREIRA, X. (2/1977) Conversa con Antón de Santiago : . Teima. (9), 31-32.
Ver entrevista
L.O.. (2/1977) Escolma Teima. Teima. (9), 33.
Ver recensión
MARIñO, X. (2/1977) O remuiño. Teima. (10), 31.
Ver bibliografía
(4/1977) Escolma Teima. Teima. (19), 33.
Ver recensión
FREIXANES, V. PIñEIRO, R. VILLARES, R. (5/1977) 17 de maio : Día das Letras Galegas : Antón Villar Ponte. Teima. (22), 37-39.
Ver reportaxe
MONTERO SANTALHA, J. (5/1977) Os 80 anos de Rodrigues Lapa. Teima. (24), 30-31.
Ver artigo
FREIXANES, V. (5/1977) 17 de maio : As Letras Galegas : Politiza-la cultura. Teima. (24), 32.
Ver artigo
(6/1977) Carlos Valdeorras : 18 anos pro teatro. Teima. (26), 47.
Ver teatro
FERNáNDEZ REI, F. (7/1977) Cambados, "Probe e fidalgo e soñador". Teima. (32), 27.
Ver artigo
BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
Ver reportaxe