Histórico: Participación de Pilar Cagiao nas actividades do CCG

----

Pilar Cagiao

1959 A Coruña

Biografía de Pilar Cagiao

1959- A Coruña

Profesora titular de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela e directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas Gumersindo Busto da dita universidade durante dez anos.


Entre as súas liñas de investigación destacan as relativas aos movementos migratorios e ás relacións culturais entre España e América, ao redor das cales coordinou como investigadora principal diversos proxectos de investigación americanista en convocatorias competitivas nacionais e autonómicas.


Respecto dos movementos migratorios, a súa tese de doutoramento “Participación económico social de la inmigración gallega en Montevideo, 1900-1970”, lida na Universidad Complutense de Madrid (1990), mereceu o premio extraordinario. Autora de Muller e emigración (1997); Os galegos de Ultramar: de emigrados a inmigrantes (2007); Os galegos e o mundo colonial americano (en colaboración con M. L. Pazos Pazos, 2007); e Galicia e o Río da Prata (en colaboración con X. M. Núñez Seixas, 2007). Coordinou publicacións sobre a temática migratoria como Galegos en América, “americanos” en Galicia, as colectividades inmigrantes en América e a súa impronta na sociedade galega (séculos XIX e XX) (1999); O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios (2006, coedición con X. M. Núñez Seixas); e De raíz profunda: Galicia y lo gallego en Cuba (2007, coedición con Sergio Guerra); La emigración gallega a América del Sur (2013). É ademais autora de numerosos artigos en obras colectivas e revistas especializadas, sendo o último “Acerca de las mujeres gallegas en el Uruguay: voces y papeles de un siglo de inmigración”, publicado en 2017 na Revista de Demografía Histórica. Presentou relatorios en congresos nacionais e internacionais. Foi comisaria de diversas exposicións sobre a temática migratoria e na actualidade é asesora especial para Emigración na exposición Galicia, un relato no Mundo, organizada pola Xunta de Galicia.


Como profesora convidada impartiu cursos de posgrao, doutoramento e máster en temática migratoria na UDC, UHU, Universidade Portucalense de Porto, Paris VII e varias universidades latinoamericanas: PUCRS de Porto Alegre, Universidad de la República (Montevideo), UCR (San José, Costa Rica), Universidad de El Salvador, Universidad de Cuenca e PUCE (Ecuador), Universidade Salgado de Oliveira e Universidade do Estado do Río de Janeiro (Brasil). Foi directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, a cuxa comisión técnica continua pertencendo, así como secretaria de redacción da revista Estudios Migratorios. Revista Galega de Análise das Migracións. Na actualidade é vogal da xunta directiva da Asociación Española de Americanistas.


 

Publicacións nas que participou Pilar Cagiao

Portada de Os adeuses
LIBRO. CATáLOGO

Os adeuses

Fotografías de Alberto Martí
Portada de Os adeuses
LIBRO. CATáLOGO

Os adeuses

Fotografías de Alberto Martí
Portada de  Nós mesmos
FOLLETO

Nós mesmos

Asociacionismo galego na emigración / Asociacionismo gallego en la emigración
Portada de O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega
LIBRO

O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega

Congreso Internacional o Exilio Galego: do 24 ó 29 de setembro de 2001, Santiago de Compostela
Portada de O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega
LIBRO

O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega

Congreso Internacional o Exilio Galego: do 24 ó 29 de setembro de 2001, Santiago de Compostela
Portada de  Patrimonio cultural galego na emigración
LIBRO. ACTAS

Patrimonio cultural galego na emigración

Actas do I encontro, Santiago de Compostela, 25 e 26 de novembro de 1996

Pilar Cagiao comisariou...

Pilar Cagiao coordinou...

Pilar Cagiao participou...

Filme «Un legado de humo»

Pilar Cagiao presentou...

Libro «Invisible Inmigrants»

Pilar Cagiao relator/a...

A Habana galega

Historia e memorias cruzadas
IRMANDADES DA FALA

Nacionalismo galego e diáspora (1916-1936)

Terceiro Congreso Internacional As Irmandades da Fala

Lino Novás Calvo: