Jesús José Blanco Rosas

----

Jesús José Blanco Rosas


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Jesús José Blanco Rosas


O historiador e xornalista Jesús J. Blanco Rosas (Lugo,1973) dedicou boa parte da súa actividade investigadora ás temáticas da cultura da emigración e os medios de comunicación galegos no exterior.
Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Xornalismo pola Universidade do País Vasco e o periódico El Correo, algunhas das súas obras máis destacadas son a Tese de Doutoramento "Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1984)" e as monografías "Maruxa Boga. Recordando a Galicia" (aCentralfolque, 2018) e "Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego a través da audición e a revista de Luís Seoane" (A Nosa Terra, 2010) e diversas publicacións en revistas como Estudios Migratorios ou Murguía.
Súa é tamén a base de datos "Radiodifusión galega da emigración", publicada on-line polo Consello da Cultura Galega, que foi elaborada a partir das achegas e os datos que recalou sobre as actividades radiofónicas galegas na emigración.
Como xornalista a actividade profesional de Jesús Blanco abrangue medios como Diario de Ponevedra, Europa Press, La Voz de Galicia ou Punto Radio. Asemade Jesús Blanco é crítico experto en Banda Deseñada, temática da que se ocupa na revista Tempos e á que dedicou o programa radiofónico La Viñeta Hablada, en Onda Cero Pontevedra.