Daniel Lorenzo Santos

----

Daniel Lorenzo Santos

1963
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Daniel Lorenzo Santos

1963-
Realizou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na UNED, de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e de Dereito Canónico na Universidad Pontificia de Salamanca, onde realizou tamén os cursos de doutoramento. Foi ordenado sacerdote en 1995.

Exerceu diferentes postos no Tribunal Eclesiástico Metropolitano de Santiago, foi nomeado vigairo xudicial adxunto e despois vigairo xudicial. Entre os anos 1999 e 2004, compaxinou o seu traballo no Tribunal compostelán co de vigairo xudicial da diocese de Lugo.

É profesor de Dereito Canónico do Instituto Teolóxico Compostelán desde o ano 2000 e do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas de Santiago desde a súa fundación. É membro da Asociación Española de Canonistas e da Real Academia Galega de Belas Artes.

Participou en xornadas e congresos sobre a protección do patrimonio cultural da Igrexa e a súa xestión, organizadas por diversas institucións en distintas localidades de Galicia e de fóra desta comunidade autónoma (Conferencia Episcopal Española, Instituto de Patrimonio Cultural de España, Consellería de Cultura, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia…).

En xuño do ano 2009 incorporouse ao cabido da S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela, asumiu a presidencia da Comisión de Cultura (2010) e o oficio de fabriqueiro (2011); desde o ano 2011 é director da Fundación Catedral de Santiago.

Participou na creación e organización da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, desde o inicio da súa actividade, como membro da Comisión de Seguimento, ata o ano 2019, cando asumiu unha das dúas codireccións que asisten ao director daquela.