Biografía de Ricardo Carballo Calero
1910- Ferrol | 1990 Santiago de CompostelaHistoriador da literatura galega, profesor, crítico literario, lingüista e escritor. Antes da guerra civil foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, e en 1972 converteuse no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela.
En 1926 trasladouse a Compostela, onde iniciou os estudos de Dereito, licenciándose cinco anos máis tarde. Ao rematar a carreira, en 1931, opositou para ser profesor auxiliar de Dereito penal e procesual, mais non acadou a praza. Dous anos despois aprobou as oposicións a funcionario municipal no concello de Ferrol, e tamén en 1933 casou con María Ignacia Ramos, licenciada en Historia e compañeira de estudos universitarios.
En 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde acabou formando parte das seccións de Historia da Literatura e de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Tamén participou no activismo estudantil da man da Federación Universitaria Escolar, e participou na creación do Partido Galeguista en 1931. Colaborou na redacción dun dos anteproxectos do Estatuto de Autonomía de Galicia canda Lois Tobío, Valentín Paz Andrade, Alexandre Bóveda e Vicente Risco. Ocupou o cargo de presidente do partido en Ferrol, e en abril de 1936 foi elixido compromisario pola provincia da Coruña na candidatura da Fronte Popular para a elección do presidente da República.
En 1928 iniciou as colaboracións coa revista Nós, que se prolongarán ao longo de sete anos. Publicou nesta revista un total de vinte e seis textos, que se poden clasificar en catro tipos: once poemas («Deus» no nº 49, «Mañá de outono» no nº 55, poema sen título no nº 61, «Cançón das lavandeiras» no nº 76, anunciado como adianto do seu libro Vieiros, «Santa Cecilia da soidade» no nº 96, «Ó vir a primadeira» no nº 100, «Semellas ser somente» no nº 106, «Naces na primadeira» no nº 115, «Codio» no nº 118, «Ti apareciches» no nº 123, como adianto do poemario O silenzo axionllado, e «Choiva» no nº 137-138); nove recensións de libros (O vento segrel de Augusto Casas no nº 101, Poemas en catro tempos de Blanco Amor no nº 102, Contos do camiño e da rúa de Otero Pedrayo no nº 106, Sonetos escogidos de Antero de Quental no nº 111, Mar Coalhado de Branquinho da Fonseca e Ensayo histórico sobre la cultura gallega de Otero Pedrayo no nº 118, Codeseira de Crecente Vega no nº 122, Poesías de Gil Vicente editadas por Dámaso Alonso no nº 126-127 e Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán no nº 128-129); catro artigos de crítica literaria (sobre o poema «Cossante» de Diego Furtado de Mendoza no nº 101, «Robert Burns e o diaño» no nº 105, «Grorias e perigos da poesía de Bouza Brey» no nº 130 e «Rosalía, Curros e Juan Ramón» no nº 136); e tres artigos sobre literatura e cultura galega (o texto «Ollada encol da poesía lírica galega contemporánea», discurso lido no Ciclo de Cultura Galega organizado polo alumnado da facultade de Filosofía e Letras no comezo do curso 1930-31, no nº 87, «Balance inventario da nosa literatura» no nº 108 e «A xeneración de Risco» no nº 131-132).
Amais de na revista Nós colaborou en publicacións como A Nosa Terra, Guión, Galiza, Resol, Universitarios ou Papel de Color. En 1928 publicou Trinitarias, poemario en lingua castelá. En 1931 Ánxel Casal editoulle Vieiros, o seu primeiro poemario en galego, ao que seguiron La soledad confusa (1932, en castelán) e O silenzo axionllado (1934). En 1935 escribiu a peza de teatro O fillo, que recibiu en 1947 o Premio de teatro Castelao en Bos Aires, se ben non foi publicada ata 1982.
Mentres traballaba en Ferrol estudou por libre na Universidade de Santiago de Compostela a carreira de Filosofía e Letras, rematando en 1936. Opositou para ser profesor de instituto de Lingua e Literatura Española e estaba en Madrid onde o sorprendeu o alzamento nacional. Participou na defensa de Madrid como miliciano (realizara o servizo militar no cuartel do Hórreo en Santiago de Compostela, no corpo de artillaría) no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, sindicato no que militaba. No batallón coincidiu con Raimundo García Domínguez, Borobó. Foi ascendido a tenente despois de formarse en Paterna. Detido na fronte de Andalucía ao remate guerra e condenado en consello de guerra a doce anos de prisión, sería encarcerado no antigo convento de Santa Úrsula de Xaén. O tempo na cadea deixou pegada en varias das súas obras, como a novela Scórpio, as pezas teatrais A sombra de Orfeo e Os xefes, ou o poema «Fugíamos da nossa vida».
Tras ser liberado de forma provisional en 1941 regresou a Ferrol. Ao estar inhabilitado para traballar na función pública, durante varios anos a familia subsistiu grazas ao traballo da súa muller. En 1950 vai vivir a Lugo logo de que Antonio Fernández López o contrate para o colexio Fingoi. Encárgase de coordinar o proxecto pedagóxico, se ben nominalmente non pode ocupar o cargo de director. Polo centro pasaron outros persoeiros como Méndez Ferrín, Arcadio López Casanova ou Bernardino Graña. Amais, alí leváronse a cabo tarefas de investigación en estudos literarios, que deron pé a varias publicacións.
Recuperou o contacto cos galeguistas e seguiu escribindo. Comezou a preparar a súa tese de doutoramento que defenderá en Madrid en 1955 co título «Aportaciones a la literatura gallega contemporánea». Por encargo da editorial Galaxia traballa na súa obra posiblemente máis recoñecida, a Historia da literatura contemporánea, que ve a primeira edición en 1963. En 1958 ingresou como membro numerario na Real Academia Galega co discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, respondido por Otero Pedrayo. A súa tarefa como lingüista dá pé á publicación en 1966 da Gramática elemental del gallego común (Galaxia), e é o principal redactor das Normas ortográficas e morfolóxicas que a Real Academia Galega publica en 1970.
En 1950 gañou o premio de novela convocado por Bibliófilos Gallegos coa obra Xente da barreira, publicada en 1951. En 1950 publica o poemario Anxo de terra, na colección pontevedresa Benito Soto e en 1952 edita na colección Xistral Poemas pendurados dun cabelo. As tres obras foran escritas en anos anteriores. Como autor quixo ser encadrado dentro da Xeración Nós, pois sentíase moi identificado cos compañeiros do Seminario de Estudos Galegos. Carballo Calero empregou o pseudónimo de Martinho Dumbria en varias recensións para a revista Grial. O nome está tomado do protagonista da novela de Otero Pedrayo Devalar, publicada en 1935 por Nós.
En 1963 recibiu a cancelación de antecedentes penais. Autorizado a exercer o ensino público, en 1965 incorporouuse á Universidade de Santiago de Compostela como profesor de Lingua e Literatura Galegas, contratado por Abelardo Moralejo, decano da facultade de Filosofía e Letras, para a sección de Filoloxía Románica. Ao tempo, entra como profesor de Lingua e Literatura Española no instituto Rosalía de Castro. En 1972 oposita para catedrático de Lingua e Literatura Galegas, e acada a praza.
Tras a chegada da Xunta preautonómica formou parte da comisión que establecía as normas lingüísticas para o uso administrativo. Nela comezou a diverxencia respecto da dita norma e a súa aposta polo reintegracionismo lingüístico. Logo de xubilarse en 1980 revisou e reeditou a súa obra literaria, e publicou novas obras como a novela Scórpio (1987). Nos últimos anos recibiu diversas homenaxes até o seu falecemento o 25 de marzo de 1990.
- Referencias
- OBRA
- Obra en galego
- Poesía
- Vieiros (1931)
- O silenzo axionllado (1934)
- Anxo de terra (1950)
- Poemas pendurados dun cabelo (1952)
- Salterio de Fingoy (1961)
- Pretérito imperfeito (1927-1961) (colectánea, 1980)
- Futuro condicional (1961-1980) (colectánea, 1982)
- Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) (1986)
- Reticências... (1986-1989) (1990).
- Vieiros (1931)
- Teatro
- O fillo (1982; escrita en 1935)
- Isabel (1982; escrita en 1945)
- A sombra de Orfeo (1971; escrita en 1948)
- Farsa das zocas (1963; escrita en 1948)
- A arbre (1965; escrita en 1948)
- O redondel (1979; escrita en 1951)
- Auto do prisioneiro (1970; escrita en 1969)
- Os xefes (1982; escrita en 1980)
- O fillo (1982; escrita en 1935)
- Novelas
- A xente da Barreira (1951)
- Scórpio (1987)
- A xente da Barreira (1951)
- Ensaio
- Sete poetas galegos (1955)
- Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959)
- Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal (1961)
- Historia da literatura galega contemporánea (1963 completada en 1975)
- Sobre lingua e literatura galega (1971). Vigo: Galaxia.
- Rosalía de Castro (1976)
- Estudos rosalianos: aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro (1979)
- Problemas da língua galega (1981)
- Da fala e da escrita (1983)
- Escritos sobre Castelao (1989)
- Estudos e ensaios sobre literatura galega (1989)
- Do Galego e da Galiza (1990)
- Sete poetas galegos (1955)
- Poesía
- Obra en castelán
- Poesía
- Trinitarias (poesías) (1928)
- La soledad confusa (1932)
- Poesía perdida (1993)
- Trinitarias (poesías) (1928)
- Ensaio
- Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955)
- Gramática elemental del gallego común (1966)
- Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea (1966)
- Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955)
- Poesía
- Obra en galego
- BIBLIOGRAFÍA
- Cajaraville, Héctor (2020): Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso. Vigo: Xerais.
- Dacosta, Henrique (2020): Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético. Vigo: Xerais.
- Fernández Lorenzo, Rafael (2019): Abecedario de Ricardo Carvalho Calero. Cangas: Morgante.
- García Negro, Pilar (2010): Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación. Santiago de Compostela: Laiovento.
- Pardo de Neyra, Xulio (2019): Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única. Ferrol: Embora.
- Rabuñal, Henrique (2020): Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Vigo: Galaxia.
- Cajaraville, Héctor (2020): Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso. Vigo: Xerais.
- OBRA
Publicacións nas que participou Ricardo Carballo Calero
PARTITURAS
Ferrol 1916
Impromptu Fantasía para soprano e piano
LIBRO
Ofrenda lírica á nena Silvia Santiago Conde no día da súa Primeira Comuñón
7 de setembro, 1960
LIBRO
Pr´o catálogo da léngoa galega
Homenaxe ó 70 aniversario do Seminario de Estudos Galegos
LIBRO. ACTAS
Actas do Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo (v.2)
Santiago, 15-20 de xullo de 1985Publicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Lar (1934-) .
Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad
Revista del Hospital Gallego
Artigos
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (3/1949) Efigie literaria de un escritor: el prosista, el poeta y su vocación. Galicia [Bs As 1926]. (1074), 1.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1950) Galicia, ante la figura símbolo de Castelao. Galicia [Bs As 1926]. (444), 19 .
CARBALLO CALERO, R. (7/1954) Domingo de Feira. Orzán. 1ª (6), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1955) Galicia cada treinta días (diciembre, enero). Galicia [Bs As 1926]. (481), 12 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1955) A fala con Carballo Calero, sobre temas da nosa cultura. Galicia Emigrante. (16), 4 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1956) Galicia cada sesenta días (noviembre, diciembre). Galicia [Bs As 1926]. (487), 8 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1957) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (495), 9 .
(12/1958) Carballo Calero, miembro de la Academia Gallega. Finisterre. 1ª (10), 3.
Ver nota breve Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1959) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (507), 22 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1961) Ricardo Carballo Calero. Crítico. Galicia [Bs As 1926]. (517), 16.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1963) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (529), 15 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1963) Noticiario Gallego. Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (530), 13 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1965) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (546), 35 .
CARBALLO CALERO, R. PAZ-ANDRADE, V. PIñEIRO, R. ARAúXO IGLESIAS, M. GARCíA PICHER, J. (1/1977) Opinións : Adiante a cooficialidade. Teima. (6), 11.
Ver opinión
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
CHACóN CALVAR, R. (2/1977) Sobor da cooficialidade. Teima. (9), 18.
Ver artigo
(5/1977) Unha homenaxe a Castelao : ¿Repatria-las cinzas dende Buenos Aires?. Teima. (22), 27.
Ver nota breve
RIVAS, M. (5/1977) Poñerlle pés á lingua escrita. Teima. (22), 41-43.
Ver artigo
MONTERO SANTALHA, J. (5/1977) Os 80 anos de Rodrigues Lapa. Teima. (24), 30-31.
Ver artigo
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Repatriación das cinzas, a suxerencia máis repetida. Teima. (25), 27.
Ver nota breve
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes destacados prá comisión organizadora. Teima. (26), 39.
Ver nota breve
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (27), 25.
Ver nota breve
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (28), 27.
Ver nota breve
(6/1977) Homenaxe a Castelao : A derradeira semana. Teima. (29), 25.
Ver nota breve
(7/1977) Homenaxe a Castelao : Celso Emilio, Beiras, Piñeiro, Ferrín e Alonso na Comisión Organizadora. Teima. (30), 12.
Ver nota breve
MARIñO, X. (7/1977) O remuíño. Teima. (31), 32.
Ver recensión
BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
Ver reportaxe
CATOIRA, M. (8/1977) Narrativa : A teoría corpuscular. Teima. (35), 31.
Ver recensión
CARBALLO CALERO, R. GALOCHA, A. (12/1977) Carballo Calero: Do galeguismo e da lingoa. Nosa Terra, A. , 7.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
(12/1977) Real Academia: Novo presidente. Nosa Terra, A. , 8.
Ver nota breve Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CARBALLO CALERO, R. (4/1978) López Ferreiro, escritor en galego. Nosa Terra, A. (16), 13.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
(10/1978) Instituto Sociopedagóxico Galego: Problemática das linguas sin normalizar. Nosa Terra, A. (35), 6.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
GARCíA, X. (2/1979) O caro portugués: Resposta á Tribuna nº 41, «Galego e/ou portugués». Nosa Terra, A. (48), 12.
Ver carta Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;