Biografía de Queca Carballo
Licenciada en Filoloxía Galega na USC (2004). Lingüista e deseñadora de contidos na sección de informática e teleformación da Aula de Produtos Lácteos da USC desde 2005. Profesora, vogal e coordinadora dos cursos de lingua na asociación Galicia Acolle desde 2003.
En 2012 pasou a formar parte da directiva da CTNL como vogal e foi a encargada de coordinar o Viveiro de propostas normalizadoras.