Belén Fernández Suárez

----

Belén Fernández Suárez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Belén Fernández Suárez


É profesora axudante doutora no Departamento de Socioloxía e Comunicación da Universidade da Coruña. Coordina o Mestrado Oficial de Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) da UDC. É premio extraordinario de doutoramento na Universidade da Coruña pola súa tese sobre políticas de integración de inmigrantes. É membro do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) e do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) na UDC.
As súas liñas de investigación céntranse nos procesos e as políticas de integración de inmigrantes, e na xestión política da inmigración.
Na actualidade as súas recentes pescudas céntranse en estudar a emerxencia dunha nova axenda política de xestión migratoria por parte do común, o impacto das fronteiras internas nos procesos de integración, e o papel dos/as “street level bureaucrats” no proceso de integración da poboación estranxeira.
Dirixiu a investigación “A participación comunitaria e social das mulleres na xestión de bens do procomún (auga). Estudo comparado entre Honduras e Galicia”, financiado pola Cooperación Galega, Xunta de Galicia (España), e participa como investigadora nos seguintes proxectos: “A nova emigración desde España: perfís, estratexias de mobilidade e activismo político transnacional” (CSO2016-80158-R)–dirixida por Antía Pérez Caramés (UDC); "Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua: articulando redes";(PR 815A 2017/7) -dirixida por Verónica Robles García (UDC)-, no "International Network for Comparative Analysis of Social Inequalities. Global Trends in Social Inequalities in Europe and Latin America and Exploring Innovative Ways to Reduce them Through Life, Occupational and Educational Trajectories Research to Face Uncertainly"; (INCASI- H2020-MSCA-RISE-2015, dirixido na Universidade da Coruña por Laura Oso Casas); e no proxecto H2020 "WelcomingSpaces- Investing in 'Welcoming Spaces'; in Europe: revitalizing shrinking areas by hosting non-EU migrants, Project ID:870952, Call: H2020-SC6-MIGRATION-2019"; (I.P. UDC: L. Oso Casas).
Entre as súas últimas publicacións destaca as seguintes: “What is Integration? A comparative view from immigrants and municipal policy” (2020, International Migration); “La alteridad domesticada. La política de integración de inmigrantes en España: actores y territorios” (2018; Barcelona: Bellaterra); “La integración sociocultural en Galicia. Políticas y prácticas sobre inmigración” (2018, Editorial Catarata); “Políticas de integración da poboación estranxeira en Galicia: migracións e política lingüística (2017, Editorial Galaxia, Cap. En “Muller inmigrante, lingua e sociedade”); e finalmente, participou no libro editado por Renée DePalma e Antía Pérez (2018): “Galician Migrations: A case study of emerging super-diversity” (Londres: Springer).

Publicacións nas que participou Belén Fernández Suárez